Novas

Rapaza fumando un cigarro

03-06-2010

O 30% das españolas maiores de 16 anos é fumadora

O 30% das españolas maiores de 16 anos son fumadoras, segundo despréndese dun estudo paneuropeo levado a cabo por YouGov, coa colaboración de Pfizer. Neste sentido, e para loitar contra o incremento da poboación feminina fumadora, a Organización Mundial da Saúde (OMS) centrou a edición deste ano do Día Mundial Sen Tabaco, que se celebrou o 31 de maio, no tema Xénero e Tabaco: a promoción do tabaco dirixida ás mulleres. En España morren cada ano 417 mulleres debido a enfermidades relacionadas co tabaco, o que significa que cada 21 horas, falece unha española por esta causa.

Cartel conmemorativo da Organización Mundial da Saúde

28-05-2010

31 de maio: Día Mundial Sen tabaco

O Día Mundial Sen Tabaco celébrase en todo o mundo o 31 de maio de cada ano. Esta celebración anual informa o público acerca dos perigos que supón o consumo de tabaco, as prácticas comerciais das empresas do tabaco, as actividades da Organización Mundial da Saúde para loitar contra a epidemia de tabaquismo, e o que as persoas de todo o mundo poden facer para reivindicar o seu dereito á saúde e a unha vida sa, e protexer ás futuras xeracións.

Como tema do Día Mundial Sen Tabaco 2010, que se celebrará o 31 de maio deste ano, a Organización Mundial da Saúde (OMS) elixiu «Xénero e tabaco: a promoción do tabaco dirixida ás mulleres».

Pulmón enfermo de cancro

18-05-2010

As imaxes de advertencia chegan ós paquetes de tabaco

Dende 2003, os paquetes de tabaco que se venden en España están obrigados a incluír mensaxes de advertencia nun lugar destacado do seu envase. A partir de agora, tamén terán que incorporar unha imaxe que mostre especificamente os riscos ós que se enfrontan os fumadores/as.

O Consello de Ministros aprobou este venres esta medida que xa anunciara hai meses. A iniciativa forma parte dunha modificación do Real Decreto 1079/2008 de 18 de outubro polo que, ademais da etiquetaxe dos produtos do tabaco, regúlanse os contidos máximos de nicotina, alcatrán e monóxido de carbono dos cigarros e as medidas relativas ós ingredientes e as denominacións deste tipo de produtos.

O texto recolle explicitamente a "obrigación de incorporar de forma visible nos paquetes de cigarros advertencias sanitarias en forma de fotografías e ilustracións dos riscos e efectos nocivos que ten na saúde o tabaco", tal e como sinalou Sanidade nun comunicado.

Botella de alcohol valeira

29-04-2010

O Ministerio de Sanidade combaterá a imaxe positiva do alcohol que se transmite nos medios de comunicación

Utilizará as redes sociais para difundir mensaxes de concienciación entre os máis novos/as, xa que demostraron ser efectivas e máis baratas.

O Ministerio de Sanidade e Política Social porá en marcha un programa específico de prevención do consumo de alcohol entre menores e embarazadas, que incidirá na sensibilización dos medios de comunicación sobre os perigos de dar unha imaxe positiva da bebida, a través do uso de webs para pais e nais e redes como Facebook ou Twitter para aumentar a concienciación. A iniciativa enmárcase dentro do Plan de Acción sobre Drogas 2009-2012.

Cigarro

05-04-2010

O tabaquismo custa ó ano 5.444 millóns ó Estado e 7.840 ás empresas

Os gastos atribuídos ós cigarros en 2008 son de 14.710 millóns e os ingresos por impostos só de 9.266.

O Estado e o Sistema Nacional de Saúde poderían chegar a sumar de 5.444 millóns de euros ó seu aforro de 1.500 en gasto farmacéutico, regulado polo Goberno a pasada semana, cunha adecuada política de prevención e tratamento do tabaquismo. Así o indicou Juan Ruiz Manzano, presidente da Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica (Separ), quen dixo que o importe dos gastos atribuíbles ao tabaquismo en 2008 foi de 14.710 millóns e os ingresos por impostos procedentes do tabaco ese mesmo ano alcanzaron só 9.266 millóns de euros.

Porro de cannabis

02-03-2010

Cantos máis anos se fumen “porros”, máis risco de desenvolver psicose

Unha nova investigación australiana realizada con máis de 3.000 mozos e mozas constata unha relación entre o consumo prolongado  de cannabis e un maior risco de desenvolver de psicose.

Este non é o primeiro traballo que asocia o uso desta droga co trastorno psiquiátrico, pero si é o "único que foi levado a cabo ca participación de parellas de irmáns", insisten os autores/as, dirixidos por John McGrath, do Instituto do Cerebro da Universidade de Queensland (Australia). E cun número tan elevado de suxeitos: concretamente, 3.801 mozos e mozas nacidos entre 1981 e 1984 e ós/ás que os científicos/as realizaron un seguimento cando tiñan 5, 14 e 21 anos. Precisamente, a esta última idade, preguntóuselles tanto pola frecuencia do consumo ó longo do último mes (nunca, cada día, varias veces ao día...) como pola idade de inicio no mesmo.

Cartel de difusión da campaña

01-03-2010

Nova edición da XVI Escola de Pais e Nais da Asociación Renacer

A Asociación RENACER xa puxo en marcha XVI Escola de Pais e Nais a desenrolar ó longo deste ano. Aínda que nalgúns centros xa está en funcionamento é posible a implantación noutros que así o desexen, podendo comezala en calquera momento.

A XVI Escola de Pais e Nais é un espazo de información, formación e reflexión dirixido a pais e nais, sobre aspectos relacionados coas funcións parentais. Un recurso de apoio ás familias con menores para que poidan desenvolver axeitadamente a súas funcións educativas e socializadoras, superar situacións de necesidade e risco,e contribuír a modificacións de condutas e a adquisición de pautas saudables de dinámica familiar.