15-09-2026
Programa FARO
Este curso 2026-2027 dende a nosa entidade poñemos en marcha unha nova programación de contidos sostida na evidencia científica e na observación directa das necesidades percibidas na poboación adolescente.
15-09-2026
Este curso 2026-2027 dende a nosa entidade poñemos en marcha unha nova programación de contidos sostida na evidencia científica e na observación directa das necesidades percibidas na poboación adolescente.
06-07-2026
As actividades do Programa de información e asesoramento psicolóxico e legal, un ano máis, poden seguir coa súa continuidade grazas á subvención concedida pola Deputación Provincial da Coruña.
23-06-2026
O Programa de Información e Asesoramento Psicolóxico e Legal comezou no ano 2.004 e conta con dúas técnicas para o seu desenvolvemento, unha psicóloga e unha asesora xurídica, responsables de cada unha das áreas (psicolóxica e legal).
01-04-2024
As actividades do Programa de información e asesoramento psicolóxico e legal, un ano máis, poden seguir coa súa continuidade grazas á subvención concedida pola Deputación Provincial da Coruña.
10-03-2023
As emocións como o medo, a ira, a tristeza, a culpa ou alegría, conviven con todos/as nós diariamente, pero unha mala xestión das mesmas pode favorecela aparición de trastornos mentais, emocionais ou condutas autolesivas.
A través da xestión emocional, as persoas poderán coñecer mellor as súas emocións, saber como actuar fronte as mesmas, procesándoas de xeito correcto e saudable.
20-12-2021
A enquisa ESTUDES, que se realiza cos estudantes de 14 a 18 anos de toda España, amosa que as drogas consumidas por un maior porcentaxe de estudantes (nos últimos doce meses) son, en primeiro lugar o alcohol (70,5%) e en segundo lugar o tabaco (30,7%) seguido do cannabis (22,2%) e acadando os hipnosedantes sin receita o 7,2%.
O consumo de todas as drogas ilegais está máis extendido entre os rapaces que entre as rapazas, mentres que coas drogas de comercio lícito (alcohol, tabaco e hipnosedantes) ocorre o contrario, e consomen máis as rapazas. Por outra banda, a enquisa amosa un incremento do consumo problemático de cannabis entre aquela mocidade que consumiu a substancia no último ano. O 17,8% dos estudantes de 14 a 18 anos que consumiu cannabis no último ano presenta un posible consumo problemático, superando esta cifra ó 13,3% que se detectara no 2016.
26-10-2021
Coincidindo co curso escolar, a Asociación antidroga Renacer, vai desenvolver entre os meses de outubro do 2021 e xuño do 2022, o programa "Aprendendo a crecer: programa de entrenamento en habilidades para a vida e promoción da saúde" co alumnado dos catro cursos da ESO e Formación Básica, de tódolos centros educativos de Ribeira e Porto do Son.
O programa vai dar continuidade ó traballo levado a cabo en ediccións anteriores e pretende fomentar o desenvolvemento das competencias persoais, emocionais e sociais co obxectivo de facer fronte a situacións potencialmente difíciles, dentro do ámbito escolar, familiar e social. A premisa de partida é que a mellora, na adolescencia, das competencias persoais e sociais pode retrasar, reducir e impedir o inicio de conductas de risco, como poden ser o consumo de substancias, abuso de pantallas.
20-09-2021
Dende Renacer vaise desenvolver, entre os meses de setembro de 2021 e xuño de 2022, o programa “Aprender a ser: Programa de adestramento en habilidades emocionais” co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria de todos os centros educativos de Ribeira.
O proxecto estará cofinanciado pola consellería de Sanidade e a obra social de CaixaBank. e ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento emocional, preparando ós nenos/as para adquisición e asimilación de estratexias que lles permitan por unha parte, desenvolverse como individuos autónomos, críticos, capaces de manter boas relacións cos demais e desenvolver competencias emocionais (básicas para a vida e para aumentar o seu benestar persoal e social) e, por outra, acadar que o reforzo das características persoais actúe como factor preventivo de cara a posibles problemas cos que poidan atoparse.
05-07-2021
O Informe Europeo sobre Drogas 2021 destaca que o mercado europeo das drogas demostra ser resistente á situación provocada pola COVID-19.
O Observatorio Europeo das Drogas e as Toxicomanías (EMCDDA) publicou no seu Informe Europeo sobre Drogas 2021 as tendencias e novidades, a última revisión anual da situación das drogas en Europa; basados en datos de 29 países (27 pertencentes á UE, Turquía e Noruega); o informe ofrece novas perspectivas sobre as implicacións para a saúde e a seguridade do complexo problema das drogas en continua evolución, e dun mercado de drogas resistente á COVID -19.
18-04-2021
Dende a Asociación Renacer imos poñer en marcha un programa dirixido ó último ciclo de Educación Primaria (5º e 6º). "Aprender a ser: programa de adestramento en habilidades de vida para educación primaria", ten como principal obxectivo potenciar o desenvolvemento emocional, capacitando ao alumnado con coñecementos e competencias emocionais que lles permitan afrontar a vida persoal e académica con éxito e aumentar o benestar a nivel de saúde e convivencia.