Encóntrase en:
O alcohol é unha droga depresora do Sistema Nervioso Central que inhibe progresivamente as funcións cerebrais. Afecta á capacidade de autocontrol, producindo inicialmente euforia e desinhibición, polo que pode confundirse cun estimulante.
O principal compoñente das bebidas alcohólicas é o etanol ou alcohol etílico, que ten diferente concentración dependendo do seu proceso de elaboración. As bebidas alcohólicas poden ser:
A graduación dunha bebida indica, aproximadamente, o volume de alcohol etílico que contén. Así, unha botella de viño de 12º contén un 12% de alcohol puro.
Liquido de inxestión oral.
Unha vez no sangue, o alcohol distribúese por todo o organismo, afectando de forma especial á actividade do cerebro. As concentracións máximas de alcohol en sangue prodúcense entre os 30 e 90 minutos despois de inxerir a bebida, o que fai que moitas persoas non sexan conscientes de que están bebendo en exceso ata que perciben os primeiros efectos (mareos, de coordinación, etc.). a eliminación completa do alcohol do organismo tarda entre 8 e 10 horas.
Os efectos do alcohol nunha persoa dependen de diversos factores:
Poucos minutos logo de beber, poden aparecer unha serie de efectos que por orde de aparición no tempo e en relación coa concentración de alcohol no organismo, estes efectos serían os seguintes:
O abuso regular pode provocar:
O abuso crónico do alcohol está relacionado con diversos problemas de saúde.
Outros riscos que pode provoca-lo consumo de alcohol son: a violencia domestica e o deterioro das relacións familiares; absentismo e accidentes laborais, diminución do rendemento no posto de traballo, malas relacións cos compañeiros, sancións e despido; accidentes e sancións de tráfico; absentismo e fracaso escolar no caso dos estudantes...
Ademais dunha intensa dependencia psicolóxica, sentida como necesidade imperiosa de beber alcohol, algunhas persoas corren o risco de pasar dun consumo recreativo controlado, (“uso”), a un consumo excesivo non controlado (“abuso” ou “uso problemático”).
Os trastornos relacionados co consumo excesivo de alcohol aparecen en momentos moi variables segundo os individuos. Algunhas persoas vivirán estados reiterados de embriaguez sen por iso facerse dependentes. Este tipo de consumo constitúe unha forma de consumo problemático.
Un consumidor/a excesivo pode evolucionar cara á dependencia alcohólica en tres etapas:
Segundo o Informe sobre a Enquisa Domiciliaria sobre o Alcohol e outras Drogas (EDADES) do ano 2007/08 da Delegación do Goberno para o Plan Nacional de Drogas:
No alcohol hai un claro descenso para todas as frecuencias de consumo, que presentan as cifras máis baixas desde 1997. Así, o 60% dos enquisados/as consumiu alcohol no último mes (fronte ao 64,6% de 2005), e o 10,2% fíxoo a diario nos últimos 30 días (fronte ao 14,9% rexistrado en 2005).
Un dos datos máis relevantes é a diminución na proporción de consumidores de risco, que se sitúa nun 3,4%, o valor máis baixo desde 1997. Esta cifra supón unha redución de 2 puntos respecto dos datos de 2005 (5,5%). A OMS entende por consumo de risco nos homes o consumo medio de 50 cc de alcohol puro ao día e nas mulleres de 30 cc.
O consumo de alcohol remóntase á antigüidade. Ó longo da historia producíronse consumos rituais, sacros, sociais ou festivos . Tamén se utilizou como remedio: nos Estados Unidos, durante a prohibición, só os médicos podían prescribilo.
No século XIX, durante a revolución industrial, aparece a noción de alcoholismo. Na maioría dos países occidentais, en épocas distintas segundo os contextos económicos, políticos e relixiosos, aparece o alcoholismo de masas. En 1871 aparecen as primeiras medidas de prevención. Despois da Primeira Guerra Mundial, o discurso evoluciona: recoméndase desde a máis temperá idade o uso moderado das bebidas fermentadas, desaconsellando á vez as bebidas destiladas. Despois da Segunda Guerra Mundial, conságrase a sobriedade. Aparecen leis que prohiben o viño nos comedores, a publicidade e a venda de alcohol nos estadios, etc.
Hoxe, o consumo excesivo de alcol e o alcoholismo constitúen unha fonte importante de problemas en numerosos países.
Aínda que o alcohol é un produto de comercio lícito e con forte arraigamento na nosa sociedade, a protección da saúde das persoas en xeral e dos mozos/as en particular obriga a unha especial consideración da publicidade e a promoción das bebidas alcohólicas, así como da súa venda e consumo.
A Lei de Seguridade Cidadá prohibe no noso país a venda de bebidas alcohólicas ós/ás menores. As Comunidades Autónomas que dispoñen de lexislación específica sobre drogodependencias sinalaron unha idade mínima variable para a venda de bebidas alcohólicas que oscila entre os 16 e os 18 anos.
O art. 12 da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria establece para todos os condutores/as a obrigación xenérica de sometemento ás probas para a detección de posibles intoxicacións alcohólicas. No Regulamento Xeral de Circulación, establece como límite máximo de alcoholemia para conducir unha taxa de alcohol en sangue de 0,5 gramos por litro (0,25 miligramos por litro de alcohol en aire expirado) par condutores/as en xeral.
Esta taxa é aínda inferior para condutores/as con menos de dous anos de experiencia e para transporte de mercadorías, escolares e urxencias. Nesta caso a taxa máxima é de 0,3 gramos/litro (0,15 miligramos por litro de aire expirado).
As infraccións destes preceptos teñen a consideración de graves e son sancionables con multa e suspensión do permiso ou licenza de conducir. Todo iso, sen esquecer, ademais, que ditas infraccións poden pasar o ámbito administrativo e constituír algún ilícito penal (Arts. 379 e s. do Código Penal. Delitos contra a Seguridade do Tráfico), nese caso, verase agravada notoriamente a súa penalidade.
De acordo coa Lei Xeral de Publicidade de Novembro de 1998, prohíbese a publicidade de tabaco e a de bebidas con gradación alcohólica superior a 20 graos centesimales, por parte da televisión. Ademais, queda prohibida a publicidade de bebidas alcohólicas e tabaco nos lugares en que estea prohibida a súa venda.