Encóntrase en:

  1. · Inicio
  2. · Infórmate
  3. · Mocidade
  4. · Drogas
  5. · Principais drogas
  6. · Cannabis

Cannabis

Que é?

O cannabis é unha droga que se extrae da planta Cannabis sativa, con cuxa resina, follas, tallos e flores elabóranse as drogas ilegais máis consumidas en España: o haxix e a marihuana. Os seus efectos sobre o cerebro son debidos principalmente a un dos seus principios activos, o Tetrahidrocannabinol ou THC.

O THC, principal principio activo do cannabis, é unha sustancia moi soluble en graxa e chega rapidamente ó cerebro, onde se acumula e do que se elimina moi lentamente. O THC ten unha vida media aproximada dunha semana, o que significa que, unha semana logo de consumilo, o organismo non conseguiu eliminar máis que o 50%. Aínda que unha persoa só consuma os fins de semana, non haberá tempo suficiente para que se elimine completamente e irase acumulando no seu cerebro, producindo varios dos seus efectos.

Que aspecto ten?

O cannabis pode presentarse de diferentes formas. Segundo o preparado utilizado, a concentración de THC varía:

Estes preparados consómense fumados nun cigarro leado con tabaco, recibindo diversas denominacións que cambian coas xeracións: porro, canuto, peta, joint, etc. Con menor frecuencia fúmase en mini-pipas ou se inxire directamente.

Que efectos produce no meu organismo?

No consumo fumado, os seus efectos poden sentirse case inmediatamente e duran entre dúas e tres horas. Por vía oral a absorción é máis lenta e os seus efectos aparecen entre media hora e dúas horas, podendo durar ata 6 horas.

Cando se consome cannabis, activase o sistema cannabinoide endóxeno (un sistema propio do noso organismo que realiza funcións relacionadas co comportamento, a aprendizaxe, a gratificación, a inxesta de comida, a dor e as emocións, ...)de forma externa e artificial e altéranse moitas das funcións que desenvolve. A doses pequenas o efecto é pracenteiro, mentres que a doses altas pode producir cadros de gran ansiedade.

Inmediatamente tralo consumo prodúcese o que se chama "borracheira cannábica", con sequidade de boca, enroxecemento ocular, taquicardia, descoordinación de movementos, risa incontrolada, somnolencia, alteración da memoria, da atención e da concentración.

Efectos tralo consumo:

O sistema cannabinoide desempeña un papel fundamental no área da memoria e fai que, de forma natural, non lembremos máis do agradable que do desagradable, axudando a eliminar aqueles recordos que produciron un impacto negativo nas nosas emocións. Cando se sobreactiva polo consumo de cannabis esquécese todo, e é máis difícil recordar calquera acontecemento ocorrido. Doutra banda, o sistema cannabinoide controla a atención e a percepción.

Tamén se atopa implicado na regulación da actividade motora, o que explica que o consumo de cannabis produza unha diminución do nivel de actividade e maior dificultade na coordinación de movementos.

O potencial terapéutico do cannabis foi revisado amplamente en numerosas publicacións científicas. Existe evidencia científica para o seu uso terapéutico no caso das náuseas e vómitos secundarios ó tratamento con antineoplásicos, a perda de apetito en SIDA e cancro terminal e o tratamento da dor neuropático na esclerosis múltiple.

Que riscos ten o seu consumo?

O consumo habitual provoca unha serie de danos orgánicos e psicolóxicos:

O impacto psicolóxico do consumo de cannabis ten unha especial relevancia nos consume da mocidade: Provoca dificultades para estudar,ó diminuír as funcións de atención, concentración, abstracción e memoria, obstaculizando, a aprendizaxe. Pode causar reaccións agudas de ansiedade e, en persoas con predisposición a padecer trastornos mentais, pode provocar a aparición destes trastornos ou agravar os que xa se padecen.

Cada vez hai máis datos que demostran o efecto prexudicial do consumo de cannabis asociado á condución de vehículos, especialmente se se combina con alcohol, o que fai que aumente o risco de accidentes.

A longo prazo, o consumo continuado provoca:

Produce dependencia?

O cannabis actúa sobre o sistema de gratificación e recompensa cerebral da mesma forma que o fan outras drogas, a través do estímulo da liberación de dopamina. Por iso, o consumo continuado de cannabis produce adicción. A adicción aparece entre o 7 e o 10% das persoas que o probaron e en 1 de cada 3 dos que o consomen habitualmente.

O uso reiterado e o abuso de cannabis provocan unha dependencia psíquica mediana ou forte, dependendo dos individuos. Así, podemos atopar os seguintes síntomas:

Pola contra, os expertos/as están de acordo en considerar que o risco de dependencia física é menor.

Canto se consome?

Segundo o Informe sobre a Enquisa Domiciliaria sobre o Alcohol e outras Drogas (EDADES) do ano 2007/08 da Delegación do Goberno para o Plan Nacional de Drogas:

O cannabis continúa sendo a droga ilegal máis consumida en España, concretamente un 27,3% da súa poboación, afirma habela probado algunha vez, un 10,1% fíxoo no último ano, un 7,1% no último mes e un 1,5% a diario durante este último período.

O consumo está bastante máis estendido entre os homes (13,6% consumírao o último ano) que entre as mulleres (6,5%) e entre os mozos de 15-34 anos (18,8%) que entre os maiores desa idade (4,0%).

As diferenzas intersexuais relativas no consumo de cannabis son maiores para o consumo mensual (10,1% homes e 4,1% mulleres) e sobre todo para o diario (2,5% homes e 0,6% mulleres). A idade de inicio foi de 18,5 anos.

Polo que respecta á evolución do consumo, apréciase que a partir de 2003-2005 investiuse a tendencia ascendente da prevalencia de consumo de cannabis, tanto no que se refire á experimentación (algunha vez na vida), como ao consumo recente (algunha vez o último ano), actual (último mes) ou diario (figura 4).

(Figura 4) Gráfico sobre o consumo de cannabisD

A continuidade no consumo de cannabis non é elevada. En 2007-2008 pouco máis dun terzo (37,1%) dos/as que probaran esta droga algunha vez na vida consumírana tamén nos últimos 12 meses; e aproximadamente un cuarto (26,1%) consumírana nos últimos 30 días.

Sobre a súa historia?

O consumo de cannabis, como a na maioría das drogas de orixe botánico, acompañaron a humanidade dende tempos inmemoriais, sendo empregada con fins relixiosos, medicinais e lúdicos. Cultivado pola utilidade das súas fibras para a fabricación de cordas e de tecidos, a súa resina era empregada como medicamento para aliviar espasmos, os trastornos do sono e a dor.

Orixinario do Himalaia e introducido ne Europa a principios do século XIX polos soldados de Napoleón, e por médicos ingleses que regresaban das Indias para o tratamento de dores de cabeza, asma e epilepsia.

Co avance do cristianismo, o seu uso quedou restrinxido a determinadas zonas de Asia e África. En Europa foi redescuberto para uso fundamentalmente lúdico por parte de escritores e artistas coma Baudelaire ou Delacriox (movemento "Club des haschischiens").

Xunto cos alucinóxenos, os derivados do cannabis, foron as drogas de elección do movemento hippie dos anos sesenta e, en xeral, dos movementos contraculturais e psicodélicos.

A lei que dí?

Como ocorre cas demais drogas: o consumo de cannabis “en lugares, vías establecementos ou transportes públicos, así como a tenencia ilícita, aínda que non estivera destinada ó tráfico” esta contemplado pola Lei Orgánica 1/1992 do 21 de febreiro sobre Protección de Seguridade Cidadá como "infracción grave", con sancións entre 300€ e 30.000€.

Prevese a posibilidade de suspender as sancións si o infractor/a sometese a un tratamento de deshabituación nun servizo debidamente acreditado, na forma e polo tempo que regramentariamente se determine. A consellería de Sanidade, en colaboración cas Subdelegacións do Goberno das catro provincias galegas ten o Programa Alternativa destinado a aquelas persoas que sexan infractores/as e non cumpran criterios de adicción, polo que se supón que non necesitan de tratamento.

O Código Penal español non fai referencia ó consumo de drogas, nin público, nin privado. Contempla unicamente aquelas condutas relacionadas coa comercialización das drogas e a seguridade viaria. Na interpretación desta Código, os tribunais de xustiza consideran o cannabis dentro das "drogas que causan grave dano á saúde". Por isto, a pena mínima para quen o cultiven, elaboren, trafiquen, promova, favorezan ou faciliten o seu consumo ou o posúan con tales fins, será de un a tres anos de prisión, e a multa “do tanto ó duplo” do valor da droga.

Respecto a condución de vehículos á motor o Código Penal establece unha pena de arresto de 8 a 12 fins de semana ou multa de 3 a 8 meses, así como a privación do dereito a conducir de 1 a 4 anos, para quen conduza un vehículo a motor baixo a influencia de calquera droga.

Saltar o menú de ferramentas

Menú de ferramentas