10-01-2011
Asocian tabaquismo con risco de aborto espontáneo
Fumar durante o embarazo tamén eleva as probabilidades de ter un parto de feto morto, un parto prematuro ou un bebé con baixo peso ao nacer.
Un novo estudo achega ás mulleres un motivo máis para deixar de fumar antes de quedar embarazadas: reducir o risco de sufrir un aborto espontáneo. Nun estudo sobre case 1.300 xaponesas que tiveran un embarazo, os autores/as acharon que as grandes fumadoras ao comezo do embarazo eran dúas veces máis propensas que as non fumadoras a ter un aborto espontáneo no primeiro trimestre.
Ademais de elevar outros riscos como o de ter un parto de feto morto, un parto prematuro ou un bebé con baixo peso ao nacer, o novo estudo, publicado na revista Human Reproduction, apoia a asociación entre tabaquismo e a perda do bebé.


