Encóntrase en:
Obradoiros afectivo-sexuais para pre-adolescentes e obradoiros de sexo seguro dirixidos a adolescentes
Obxectivo xeral
Fomentar a aprendizaxe de habilidades, valores, normas e actitudes que permitan ós/ás xoves reflexionar e capacitalos/as para afrontar situacións de xestión da saúde sexual.
Obxectivos específicos
- Ofertar unha información clara, sinxela e obxectiva sobre saúde e sexualidade.
- Axudarlles a construír a identidade persoal: imaxe de si mesmo/a, autoestima, autoconcepto, adquisición de valores, roles sexuais, ...
- Diminuír o risco de infeccións de transmisión sexual e do VIH-SIDA.
- Diminuír o número de embarazos non desexados.
- Favorecer o uso de recursos que permitan o control e planificación das relacións sexuais.
- Desmitificar falsas crenzas e mitos en sexualidade.
Contidos
- Sexualidade: definición e funcións (reprodutora e afectiva).
- Anatomía sexual: órganos internos e externos.
- Métodos anticonceptivos.
- Infeccións de transmisión sexual.
- VIH-SIDA: definición, vías de contaxio e detección.
- Recursos asistenciais.
Metodoloxía
A metodoloxía a empregar é flexible, adaptándose ás características e idades do grupo de alumnos/as cos que se traballa e á dispoñibilidade de tempo para levar a cabo as diferentes dinámicas grupais.
A profundización e incidencia nos contidos ven determinada pola idade dos alumnos/as.
Os obradoiros desenvólvense nas aulas dos centros escolares en horario lectivo.
A estratexia básica de ensinanza é a "aprendizaxe por experiencias". Os alumnos/as analizan interaccións sociais correspondentes a situacións cotiás, diferentes modos de resposta e as consecuencias derivadas de cada un deles.