Encóntrase en:
O presente programa vai dirixido á poboación xeral dado que calquera pode infectarse e a prevención depende do comportamento de cada un/unha.
Para potenciar a efectividade do mesmo fanse intervencións específicas en diferentes ámbitos, que poden ser considerados como máis vulnerables: adolescentes, mulleres, usuarios de drogas por vía parenteral e persoas que exercen a prostitución.
A metodoloxía empregada é activa e flexible, establecéndose unha comunicación bidireccional e fluída, e adaptándose ás necesidades e circunstancias dos usuarios/as. Estará orientada a promover cambios de hábitos e actitudes que permitan mellorar a calidade de vida a través da información (clara e adaptada ó nivel dos destinatarios/as), o consello (intervencións individuais orientadas a ofrecer alternativas válidas e individualizadas ás súas necesidades e demandas) e as dinámicas grupais (role-playing e adestramento en habilidades específicas).
Todas aquelas persoas interesadas na participación no mesmo do Concello de Riveira e da zona do Barbanza. Atendendo prioritariamente a adolescentes, pais e nais, mulleres, UDVP e PEP.
O programa desenvólvese ó longo de todo o ano.