¿Existen as pildoras anticonceptivas masculinas?

Teño entendido que, ou existen ou son aínda experimentais. Unhas píldoras anticonceptivas para homes que se deben tomar cada 3 meses e non producen efectos nin hormonais nin de ningún outro tipo a quen as inxire. Se me puidésedes informar algo mellor de se están xa no mercado ou se están a saír, canto valen e si poderían ter efectos secundarios agradeceríavolo moito.

Grazas ;)

16-07-2012

Antes de nada pedir desculpas por non responder antes pero, como avisamos na portada da web, este servizo estivo temporalmente desactivado.

Ata a actualidade non existe un método anticonceptivo para o home cómodo, oral e reversible a vontade. Esperase o desenrolo de tratamentos hormonais que aínda están en fase de investigación. Nestes intres séguense dúas liñas de investigación:

  • Por unha banda, estase a traballar nunha inxección mensual de testosterona que bloquea a produción de esperma. Será un método reversible e, polo momento non parece provocar os efectos secundarios e a incomodidade como a xa existente no mercado (administrase por vía intramuscular semanalmente e pode provocar irritabilidade, cambios no estado de ánimo e acne). Esta nova inxección aínda está en probas clínicas. Se queres coñecer algo máis sobre o mesmo preme aquí.
  • Por outra, descubriuse un xene crucial na produción do esperma san, a partires do cal poderíase desenrolar un método anticonceptivo que bloquearía a función do mesmo, sen provocar efectos secundarios negativos. Se se logra regular as súas función poderíase evitar que o esperma madure completamente, o que o volvería efectivo sen necesidade de modificar os niveis de testosterona. Para máis información sobre esta investigación preme aquí.

Os métodos que temos no mercado más viables de anticoncepción masculina son a vasectomía e os preservativos. Lembrar que a vasectomía e un método cirúrxico que prevén de embarazos non desexados, pero os preservativos son o único método que ademais de previr embarazos non desexados tamén preveñen de ITS e VIH-SIDA .

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.