Encóntrase en:
As Infeccións de Transmisión Sexual non teñen por que formar parte da sexualidade, xa que existen estratexias e ferramentas para mantelas ó marxe da nosa vida. Para o que é importante que planifiques as túas relacións sexuais e te informes. Non significa en que teñas que converterte nunha persoa experta en ITS, é suficiente con que as coñezas en xeral e os seus mecanismos de transmisión, os síntomas que poden facerte sospeitar, como previlas, .. Aquí van algunhas ideas que poden axudarche.
Son infeccións que xeralmente se adquiren a través de prácticas sexuais cunha persoa infectada. Outras ITS non se adquiren necesariamente a través da relacións sexuais, pero poden transmitirse por ese medio á parella.
Están causadas por organismos que viven en fluídos corporais, como a sangue, o seme e as secrecións vaxinais. A través deste fluídos poden pasar dunhas persoas a outras.
Ademais, poden afectarnos repetidamente por que non xeran inmunidade e non hai vacinas contra elas.
Entre as ITS máis frecuentes atópanse ó VIH (que falaremos máis adiante), a Sífilis, a Gonorrea, a Clamidia, o Herpes Xenital, Virus do Papiloma Humano, e a Hepatite B. Se queres ampliar información mira os folletos que tes nesta mesma páxina.
Os síntomas máis frecuentes que deben facerte pensar que contraíches unha ITS son:
NAS MULLERES:
NOS HOMES:
SE SOSPEITAS QUE PODES TER UNHA ITS....
SE ME DIAGNOSTICAN UNHA ITS....
| Nivel risco | Tipo conduta sexual | Que podes contraer | Como reducir o risco |
|---|---|---|---|
| Risco moi baixo | Bicos con lingua | Arrefriados, gripe e hepatite B. | Coa vacina da hepatite B. Senón te lías cando alguén ando esta enfermo/a. |
| Risco baixo | Masturbación mutua | Nada se non teñen cortes nas mans nin lesións nos xenitais. Pero se as tes e falo con alguén que ten VIH, corres o risco se o seme ou o fluxo vaxinal infectado penetre na túa corrente sanguínea. | Usando látex ou plástico filme transparente de cociña. |
| Risco moderado | Sexo oral a un home | Herpes, SIDA, hepatite B, gonorrea, sífilis, condilomas | Usando condón |
| Sexo oral a unha muller | Herpes, SIDA (o risco é menor que nun home, pero segue sendo posible), hepatite B, gonorrea, sífilis, condilomas. | Usando un condón feminino, cadro de látex ou plástico filme transparente de cociña. | |
| Alto risco!!!!!!! | Coito vaxinal | Herpes, SIDA, hepatite B, gonorrea, sífilis, clamidia, condilomas. E o embarazo. | Usando condón e espermicida. |
| Sexo anal | Herpes, SIDA, hepatite B, gonorrea, sífilis, clamidia, condilomas. |