Boas María , eu máis meu mozo de 23 anos, case 24, e eu, de 16, practicamos a marcha atrás.

Nunca tivemos ningún problema nin tiven nin un só retraso pero expulso un líquido transparente, practicamente todos os días, e antes non me pasaba , fai un ano ou ano e pico que perdín a miña virxindade e non sei porqué poderá ser.

Tamén mantiven relacións sexuais con outros rapaces sen protección, ¿é posible que pillara algo?

11-04-2013

A marcha atrás ou tamén chamada coito interrompido non un método anticonceptivo porque é moi difícil controlar en que momento se vai a producir a exaculación e dificulta gozar das relacións sexuais ó ter que estar pendente constantemente da exaculación. Ademais antes da exaculación o pene segrega o líquido preseminal: é unha secreción das glándulas de Cowper, producida para a limpeza e lubricación da uretra antes da exaculación no home. É coma un líquido transparente e de consistencia viscosa que aparece no orificio do pene durante a excitación, e a medida que esta excitación aumenta, maior será a cantidade de líquido preexaculatorio, especialmente en momentos previos a que ocorra a exaculación. Polo que pode existir risco de embarazo non desexado (aínda que ata agora non pasará nada non significa que non poida pàsar por que o risco existe) ou de contraer una infección de transmisión sexual.

O que comentas da secreción vaxinal pode ser un síntoma dunha ITS ou ter outra etioloxía, polo que é importante: afrontalo, buscar atención médica (acudide, canto antes, ao voso médico/a de cabeceira ou a recursos especializados como poden ser os centros de planificación familiar: o máis próximo a nosa comarca está en Santiago: Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572) e non automedicarse. Mentres tanto, deberídes evitar manter relacións sexuais por que no suposto de que exista unha infección non se complique ou non existan reinfeccións.

Se che diagnostican unha ITS, é importante ter en conta que:

- Os tratamentos para as ITS non adoitan ser dolorosos nin custosos. Canto antes te poñas en tratamento existen menos riscos de ter problemas permanentes.

- Segue as prescricións do persoal médico.

- Avisa á túa parella ou ás persoas coas que tiveches relacións sexuais recentemente. Infórmaas da túa enfermidade e da posibilidade que teñen de padecela, mesmo se non presentan síntomas. Recomenda que acudan ao médico. elas tamén teñen dereito a tratarse.

- Non interromper o tratamento porque desaparecen os síntomas.

Lembra que, o preservativo é o único método que prevén tanto, de embarazos non desexados como de infeccións de transmisión sexual.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.