¿É malo a utilizar os Parches Anticonceptivos durante moito tempo?

Comecei a utilizar os parches anticonceptivos en agosto do ano pasado, e quería saber si utilizándoos moito, ten desvantaxes; como por exemplo: Dentro duns anos, se quero quedar embarazada, será mais difícil ou terei complicacións?. Moitas grazas.

10-04-2013

En xeral, os anticonceptivos hormonais pódense empregar durante períodos prolongados de tempo pero sempre baixo a supervisión do teu médico/a, que che indicará cando é necesario suspender o tratamento.

Tamén é importante que esteas atenta se percibes algún cambio e acudir ó médico. Algúns dos efectos secundarios máis comúns que poden aparecer empregando o parche anticonceptivo, que soen desaparecer tras dous ou tres meses, son: sangrado entre períodos menstruais, sensibilidade nos senos e/ou náuseas e vómitos.

En casos pouco frecuentes poden aparecer problemas máis graves, tales como: ataques cardíacos, accidentes cerebrovasculares, coágulos sanguíneos nas pernas, os pulmóns, o corazón ou o cerebro, presión sanguínea alta, tumores hepáticos, cálculos biliares o ictericia (color amarelo na pel ou nos ollos), …. Estes riscos aumentan se se teñen: 35 anos ou máis, sobrepeso, certos trastornos hereditarios de coagulación, diabetes, presión sanguínea alta, colesterol alto e/ou se fumas.

Polo que é importante, como con calquera medicación, que realices revisións periódicas co teu médico/a, quen será o/a que che indicará cando.

En relación a unha posible diminución da fertilidade, os anticonceptivos hormonais que hai hoxe ne día no mercado teñen doses baixas, polo que son máis seguros en canto ó retorno á fertilidade da muller. Está demostrado que tras un uso continuo a muller pode quedar embarazada nas próximas seis semanas tras deixar o tratamento. Sen embargo, poden existen condicións preexistentes que poden ocasionar dificultades para quedarte embarazada.

Despois que unha muller deixa de usar o parche, xeralmente leva un ou dous meses volver os períodos menstruais que tiña antes de comezar a usalo. En ocasións, a muller pode ter períodos menstruais irregulares ou incluso falta, o que pode continuar meses despois. Isto é mais probable se os períodos menstruais eran irregulares antes de comezar a usar o parche.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.