Encóntrase en:

  1. · Inicio
  2. · Infórmate
  3. · Mocidade
  4. · Sexualidade
  5. · Sobre os Métodos Anticonceptivos

Sobre os Métodos Anticonceptivos

SON....

Fármaco ou método que se emprega co fin de evitar os embarazos non desexados.

Cando un rapaz e unha rapaza manteñen relacións sexuais e non teñen como fin a reprodución, existen dúas formas de asegurarse que non se produzan:

PERMITEN....

Compartir o pracer e a responsabilidade nas nosas relacións afectivo-sexuais, e procrear de maneira libre, consciente, responsable e desexada.

Decidir libremente a maternidade e a paternidade: como, cando e con quen desexamos ter fillos/as, si o desexamos.

Evitar os embarazos non desexados, como as súas consecuencias, xa sexa unha interrupción voluntaria ou continuar adiante, sen que fora buscado.

Manter condutas de penetración, coma un xeito máis de expresarnos sexualmente sen temores, nin preocupacións (durante e despois da relación), podendo gozar plenamente de esta conduta.

Ser persoas autónomas, responsables e comprometidas coa construción das nosas vidas, coidando da nosa saúde e a das persoas coas que nos relacionamos.

EXISTEN DIFERENTES MÉTODOS ....

Ter información sobre as diferentes alternativas en anticoncepción é importante para poder elixir, con asesoramento, cal é o mellor método para cada persoa en diferentes momentos da súa vida en funcións das súas necesidades e circunstancias.

Entendemos que un bo método anticonceptivo é aquel que....

O único que cumpre todas as condicións é o preservativo.

Métodos anticonceptivos
Preveñen de...
Métodos:Embarazo non desexadoITS e VIH/SIDA
Barreira
  • Preservativo masculino
  • Preservativo feminino
  • Diafragma con espermicida
  • Esponxa con espermicida
  • De barreira químicos

EFICACIA MEDIA/ALTA

  • Preservativo masculino
  • Preservativo feminino
Hormonais
  • Pílula anticonceptiva
  • Parche anticonceptivo
  • Anel vaxinal
  • Anticonceptivos inxectables
  • Implantes subcutáneos

EFICACIA ALTA /MOI ALTA

Intrauterinos
  • DIU
  • DIU hormonal

EFICACIA ALTA

Cirúrxicos
  • Vasectomía
  • Ligadura de trompas

MÉTODOS DEFINITIVOS

Dobre método

Preservativo xunto cun de alta eficacia na muller

EFICACIA MOI ALTA

Preservativo

Métodos de barreira

EFICACIA MEDIA/ALTA

Son aqueles que impiden o ascenso dos espermatozoides á cavidade uterina, xa sexa formando unha barreira mecánica (preservativo, diafragma,...) ou química (óvulos vaxinais).

Preservativo masculino

Descripción:

Preservativo masculinoFunda impermeable que se coloca no pene en erección antes da penetración. Dispón dun depósito na punta no que se recolle o seme impedindo que os espermatozoides entren en contacto coa vaxina.

Vantaxes:
Desvantaxes:

Preservativo feminino

Descripción:

Preservativo femininoManga de poliuretano cun anel en cada extremo, que se introduce na vaxina. Un dos extremos está aberto (o que permite a introdución de pene na vaxina) e o outro pechado (para impedir a entrada dos espermatozoides na vaxina).

Vantaxes:
Desvantaxes:

Diafragma con espermicida

Descripción:

Diafragma con espermicidaÉ un capuchón de caucho moi flexible que se encaixa no colo do útero para impedir o paso dos espermatozoides. Débese recubrir de crema espermicida polas dúas caras en cada uso. O persoal médico será quen che diga a túa talla e ensíneche a empregalo.

Vantaxes:
Desvantaxes:

Existe unha versión máis evolucionada, o CAPUCHÓN CERVICAL, que recubre o colo uterino e é dun só uso, tamén se pode empregar con espermicidas.

Esponxa con espermicida

Descripción:

Esponxa con espermicidaComo o seu nome indica, é unha esponxa de usar e tirar de poliuretano con forma de rosquilla que se utiliza empapada en espermicida. Extráese tirando dunha cinta. A esponxa absorbe e atrapa o seme e o espermicida mata os espermatozoides.

Vantaxes:
Desvantaxes:

De barreira químicos

Hai que combinar o seu uso con outros de barreira, xa que por si sós ofrecen pouca protección.

ESPERMICIDAS E ÓVULOS VAXINAIS:

Descripción:

EspermicidasSon substancias químicas que alteran a mobilidade ou matan os espermatozoides.

Normalmente utilízanse para incrementar a efectividade doutros métodos de barreira.

Vantaxes:

Desvantaxes:

Métodos hormonais

EFICACIA ALTA / MOI ALTA

Son aqueles métodos baseados no uso de hormonas sexuais (estróxenos e/ou proxesterona). Estas hormonas poden actuar da seguinte maneira (dependendo de cada método):

Son varias as combinacións hormonais e as vías de administración, polo que é importante o asesoramento médico Ademais:

Pílula anticonceptiva

Descripción:

Pílula anticonceptivaÉ un tratamento hormonal que impide a ovulación na muller, e por tanto o embarazo. A muller ha de tomala por vía oral, unha pastilla cada día. Tamén existe a pílula combinada e a mini pílula ou pílula de proxestina.

Vantaxes:
Desvantaxes:

Parche anticonceptivo

Descripción:

Parche anticonceptivoParche de plástico, fino e de cor beixe. A parte adhesiva fornece, a través da pel, unha dose continua das mesmas hormonas que a pílula anticonceptiva combinada. Debe colocarse durante sete días exactamente, cada semana durante tres semanas, seguido dunha semana de descanso sen parche, que é cando se debe de ter o período. Debe cambiarse o mesmo día de cada semana. Pode colocarse en calquera parte do corpo (sen cremas) menos nas mamas.

Vantaxes:
Desvantaxes:

Anel vaxinal

Descripción:

Anel vaxinalAnel flexible que se introduce na vaxina e permanece no seu interior (durante tres semanas e logo teríamos unha de descanso), segregando, cada día, a cantidade de anticonceptivo equivalente á dose diaria da pílula anticonceptiva. Ten vixencia para un só un ciclo.

Vantaxes:
Desvantaxes:

Anticonceptivos inxectables

Descripción:

Anticonceptivo inxectableInxeccións de contido hormonal que actúa do mesmo xeito que as pílulas anticonceptivas. Pode haber de contido combinado (estróxenos e proxesterona) ou só de proxesterona. Existen dose para un, dous ou tres meses.

Vantaxes:
Desvantaxes:

Implantes subcutáneos

Descripción:

Implante subcutáneoAnticonceptivo hormonal que insiren cirurxicamente baixo a pel.

Actúa do mesmo xeito que os anticonceptivos orais.

O implante é por tres ou cinco anos.

Vantaxes:
Desvantaxes:

Métodos intrauterinos

EFICACIA ALTA

Son trebellos de plástico medicados, que se insiren na cavidade uterina (interior do corpo do útero), sempre requiren do seu implante por parte de persoal médico.

DIU: Dispositivo Intrauterino

Descripción:

Dispositivo IntrauterinoConsiste nun pequeno aparello de plástico e metal (de cobre ou de prata e cobre), moi flexible que profesionais da saúde colocan no interior do útero. Actúa producindo varios efectos :

A duración eficaz nas mulleres novas é de 5 anos e nas maiores de 40 anos ata a menopausa.

Vantaxes:
Desvantaxes:

DIU hormonal

Descripción:

Engade ós efectos do DIU, os da proxesterona, o que evita tamén a ovulación.

A duración eficaz é de 5 anos.

Vantaxes:
Desvantaxes:

Métodos cirúrxicos

MÉTODOS DEFINITIVOS

Son aqueles métodos que consisten no bloqueo cirúrxico dos condutos que permiten ós óvulos ou ós espermatozoides saír do seu almacenamento.

O DOBRE MÉTODO OU DOBRE PROTECCIÓN:

Consiste no uso do preservativo por parte do home e dun método de alta eficacia por parte da Muller. Así conséguese unha eficacia moi elevada asociada á protección das ITS.

Métodos pouco recomendables

Estes métodos, cuxa eficacia anticonceptiva é considerada como baixa ou nula, tampouco protexen fronte as ITS.

Naturais

Son aqueles métodos que se basean no coñecemento do corpo da muller e do estudo dos diferentes cambios que no mesmo prodúcense ao longo do ciclo menstrual, para téndoos en conta, poder calcular cales son os días de máis fertilidade (aqueles en os que con máis facilidade pode producirse un embarazo) e así evitar manter relacións sexuais con penetración sen protección neses días. Algúns destes métodos son:

Para poder utilizar estes métodos, a muller ha de estudar durante un tempo ter en conta que o ciclo menstrual pode verse alterado. Estes métodos requiren para a súa utilización ter constancia para recoller a información necesaria sistematicamente e ter unha información correcta sobre a súa utilización.

Existe outro para mulleres lactantes nos primeiros seis meses, o MÉTODO MELA. Ten unha eficacia aceptable sempre que se cumpra rigorosamente: se empregue os seis primeiros meses despois do parto, que haxa unha ausencia de menstruación e que se alimente o/a bebe exclusivamente co peito.

Coito interrompido

Consiste en retirar o pene da vaxina antes da exaculación. Consideramos que non é un método anticonceptivo porque é moi difícil controlar en que momento vaise a producir a exaculación e porque antes desta salgue do pene o líquido preseminal, que tamén conteñen espermatozoides e que pode producir un embarazo. Ademais, a marcha atrás dificulta gozar das relacións sexuais ó ter que estar pendente constantemente da exaculación.

Saltar o menú de ferramentas

Menú de ferramentas