Pílulas anticonceptivas

Agora que as pílulas anticonceptivas non están subvencionadas que outros métodos anticonceptivos se poden empregar?

01-09-2013

Que as pílulas anticonceptivas non estean subvencionadas polo sistema sanitario non quere dicir que non se poidan empregar, senón que a usuaria ten que pagar o importe íntegro do produto (como ocorre con outros métodos hormonais: parche transdérmico e o anel vaxinal).

Para a súa adquisición destes métodos é necesario a denominada “receita branca” emitida por un/ha médico/a, aínda que pode ocorrer que non todas as farmacias o esixan.

Existen outros métodos anticonceptivos que si están subvencionados polo sistema sanitario, coma o DIU (de cobre ou hormonal), o implante subdérmico, o inxectable hormonal e a ligadura de trompas.

De todos os xeitos á hora de empregar calquera método anticonceptivo é recomendable a indicación facultativa dun/a especialista, que será quen che indica cal é o método máis apropiado para a o caso, xa que existen diversos métodos no control da natalidade.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.