Proba rápida do VIH en fluído oral

Proba rápida do VIH en fluído oral

¿Qué é a proba rápida do VIH en fluído oral?

É unha proba que detecta a presenza de anticorpos fronte ó virus de inmunodeficiencia humana (VIH) que é o causante da SIDA.

Realízase sobre unha mostra de fluído oral e, nun prazo de 15 a 30 minutos, ofrece un primeiro resultado que deberá ser confirmado, posteriormente, cunha proba diagnóstica de laboratorio.

¿Por qué se debe facer a proba?

Un terzo das persoas que están infectadas polo VIH descoñecen que o están e por iso poden evolucionar a formas máis graves da enfermidade e perder a oportunidade de recibir tratamento médico axeitado.

O diagnóstico e o seguimento médico dende estadios iniciais mellorarían moito o seu prognóstico. Tamén poden transmitir, sen darse conta, o VIH ás súas parellas sexuais.

A proba rápida do VIH en fluído oral é importante que se faga para axudar a diagnosticar estas persoas que descoñecen a súa infección.

¿Quen debe facela?

Deben facela as persoas que tiveron prácticas de risco para contraer o VIH, como poden ser:

  • Os homes que teñen sexo con homes (HSH) e que non usaron preservativo.
  • As persoas heterosexuais que teñen múltiples parellas sexuais e non usaron preservativo.
  • As persoas que exercen a prostitución e os seus clientes se non usaron preservativo.
  • As persoas que compartiron xiringas e outros materias para inxectarse drogas.

¿Cómo se fai?

  1. Recóllese o fluído oral pasando suavemente a espátula do dispositivo de detección polas enxivas.
  2. Despois introdúcese a espátula nun frasco de líquido revelador. Pasados 20 minutos o indicador que se atopa no mango do dispositivo informará se o resultado é reactivo ou non.
  3. O indicador consta de dúas liñas (de cor avermellado), unha correspondente ó control do propio dispositivo de medida e outra correspondente ó resultado da mostra do paciente.

Todos os materiais empregados son dun só uso e desbotables.

Só serán válidos os resultados nos cales pasaron máis de tres meses entre a última práctica de risco e a realización da proba.

E, ¿se o resultado é NON REACTIVO?

resultado_non_reactivoO indicador da proba mostra unha liña (avermellada) despois de meter a espátula ca mostra do/a paciente durante 20 minutos.

Esta liña, correspondente ó control, indica que o dispositivo funciona correctamente. Sen embargo, a ausencia sa segunda liña, correspondente a mostra do/a paciente, indica que a proba non detecta anticorpos de VIH. Neste caso, o resultado non é reactivo, é dicir, que a persoa NON está infectada polo VIH.

E, ¿se o resultado é REACTIVO?

resultado_reactivoO indicador da proba mostra dúas liñas (avermelladas) despois de meter a espátula coa mostra do paciente no líquido revelador durante 20 minutos.

A primeira liña, correspondente ó control, indica que o dispositivo funciona correctamente. A segunda liña, correspondente a mostra do/a paciente, indica que a proba detecta anticorpos de VIH no fluído oral analizado.

Neste caso o resultado é reactivo, é dicir, que a persoa pode estar infectada polo VIH. Polo tanto, débense realizar probas máis específicas de laboratorio para confirmar ou descartar esta infección.

Mentres non se confirme ou descarte a infección pola VIH reforzarase a práctica de sexo seguro, mediante o uso do preservativo nas relacións sexuais anais, vaxinais, e buco-xenitais, para evitar reinfectarse ou infectar ás parellas sexuais.

¿Onde facela?

Podes pedir información sobre o VIH e a proba na Asociación Renacer:

A realización da proba será en horario de mañá, de luns a venres, con cita previa.