· 23-07-2010
Ao longo de 2009, 1,2 millóns de persoas co virus da inmunodeficiencia humana (VIH) comezaron a tomar os fármacos antirretrovirais, o que permitiu que a cifra total de persoas tratadas alcance os 5,2 millóns. Trátase do maior aumento de pacientes en terapia nun só ano, segundo os datos que presentou a Organización Mundial da Saúde (OMS) no primeiro día da XVIII Conferencia Internacional sobre Sida. "É un desenvolvemento incriblemente importante", indicou o doutor Hiroki Nakatani, membro da OMS.
· 16-07-2010
Este estudo realizado pola FAD en colaboración coa Obra Social Caixa Madrid e a delegación de Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, ten como principal obxectivo analizar as escalas de valores da sociedade española de 15 a 64 anos, a base sobre a que se asintan os comportamentos e actitudes dos españois, e a súa evolución no últimos dez anos.
· 08-07-2010
O pasado 5 de xullo entrou en vigor a Lei Orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, cuxo obxecto é garantir os dereitos fundamentais no ámbito de saúde sexual e reprodutiva, regular as condicións da interrupción voluntaria do embrazo e establecer as correspondentes obrigas dos poderes públicos.
· 02-07-2010
Un estudo da Universidade de Granada demostrou que en relación ó que o corpo pode asimilar, a maior etapa de consumo de alcohol, prodúcese entre os 11 e os 14 anos.
Expertos/as do grupo de investigación Neuroplasticidade e Aprendizaxe da Universidade de Granada (UGR), coordinados/as pola psicobióloga Milagres Galo, analizaron os efectos que provoca a exposición temperá ó alcohol e outras drogas entre os máis novos/as.
· 25-06-2010
O 26 de xuño é o Día Internacional da loita contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas. Este día, establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1987, serve para lembrar o obxectivo convido polos Estados Membros das Nacións Unidas de crear unha sociedade internacional na que non se usen indebidamente as drogas.
· 14-06-2010
O alcohol, o cannabis e os opiáceos son as principais drogas consumidas por aquelas persoas con este tipos de trastornos ligadas a condutas desadaptativas.
· 03-06-2010
O 30% das españolas maiores de 16 anos son fumadoras, segundo despréndese dun estudo paneuropeo levado a cabo por YouGov, coa colaboración de Pfizer. Neste sentido, e para loitar contra o incremento da poboación feminina fumadora, a Organización Mundial da Saúde (OMS) centrou a edición deste ano do Día Mundial Sen Tabaco, que se celebrou o 31 de maio, no tema Xénero e Tabaco: a promoción do tabaco dirixida ás mulleres. En España morren cada ano 417 mulleres debido a enfermidades relacionadas co tabaco, o que significa que cada 21 horas, falece unha española por esta causa.
Dende a nosa asociación os servizos que prestamos céntranse na información, orientación e formación en: prevención de drogas, prevención do VIH/SIDA e atención xuridíco-social.
Estos servizos abranguen diferentes ámbitos:
Ed. Plan de Galicia sobre Drogas.
Ed. Ministerio de Sanidade e Política Social
Ed. Fundación Vivir sen Drogas e F.A.D.
Ed. Consellería de Sanidade - Xunta de Galicia
Enmarcada dentro programa “A Nosa Arma: a Información: Programa de Prevención de VIH-SIDA e outras ITS dende unha Perspectiva Comunitaria” da Asociación Renacer e nos actos organizados con motivo do Día Mundial da SIDA, o próximo día 1 de Decembro.
Ed. Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación
A Asociación RENACER xa puxo en marcha XVI Escola de Pais e Nais a desenrolar ó longo deste ano.
Independentemente da idade, e de que sexamos pais ou nais, mozos ou mozas,... en ocasións todos e todas temos dúbidas. Se é o teu caso.... pregúntanos.
As vosas preguntas serán totalmente anónimas. Podedes consultar todas as respostas.