Quen somos

Ámbito familiar

Escolas de familia

Servizo de información, formación e reflexión sobre aspectos relacionados coas funcións parentais, coa finalidade de ser un recurso de apoio ás familias con menores para que poidan desenvolver axeitadamente as súas funcións educativas e socializadoras, superar situacións de necesidade e risco, e contribuír á modificación de condutas e á adquisición de pautas saudables de dinámica familiar.

As Escolas de Familia constitúen un elemento básico en calquera estratexia preventiva pois a familia é a base da organización social e o marco fundamental para a transmisión de valores, normas e pautas de comportamento nos fillos/as. A través delas crease un espazo onde intercambiar opinións, vivencias, experiencias e onde resolver dúbidas e preocupacións acerca da educación dos fillos/as.

O obxectivo e formar ós pais/nais e/ou titores legais para mellorar o funcionamento familiar, favorecendo a implicación da familia na educación dos fillos/as e concienciándoos da súa importancia como axentes preventivos.

Ao longo das sesións lévase a cabo un traballo individual e colectivo de análise de casos combinado con exposicións teóricas e traballo práctico posterior.

Os grupos son conducidos por un/unha educador/a e, para tratar temas específicos, interveñen de forma coordinada profesionais expertos en distintas materias.

A actividade desenvólvese en período escolar, un día á semana en sesións de 90 minutos, no local social da Asociación Renacer ou nos centros escolares onde haxa pais/nais interesados en participar. O horario e día fíxase de acordo cos pais/nais.

Aínda que os temas que se tratan sempre son consensuados cos grupos, en xeral o traballo articulase o redor dos seguinte bloque temáticos:

  • A familia: a súa composición,evolución, modelos e funcións, roles e influenzas, dinámicas internas.
  • A educación: estilos educativos (vantaxes e inconvenientes), parentalidade positiva, disciplina , normas e límites, educación emocional, ...
  • A comunicación: comunicación verbal e non verbal, estilos educativos, asertividade, escoita activa, habilidades facilitadoras da comunicación e elementos distorsionadores, ...

Obradoiros de familia

Este servizo complementa a escola de familia e, igualmente ten a finalidade de dotar de habilidades os pais/nais para reducir os factores de risco e incrementar os de protección, no ámbito familiar, fronte o consumo de drogas dos seus fillos/as. A diferenza do anterior as actividades son de carácter puntual, lévanse a cabo en forma de obradoiros, desenvolvéndose so un determinado número de sesións (que non soen exceder de cinco) con temáticas moi concretas adaptadas os colectivos cos que se vai traballar.

Os destinatarios poden ser familias en risco, familias problemáticas ou aquelas que, aínda sen presentar ningunha dificultade, desexen participar nunha actividade formativa sobre un o unhos poucos temas nun corto período de tempo. En todos os casos adáptanse as sesións as características dos pais/nais.

Como termo medio as sesións teñen unha duración de 90 minutos, a razón dunha semanal.

As temáticas traballadas en xeral xiran en torno os seguintes temas:

  • O coñecemento dos factores de risco e protección condicionantes da prevención familiar.
  • Habilidades para a comunicación cos fillos/as.
  • Supervisión parental.
  • Establecemento de normas e responsabilidades entre os membros da familia.
  • Capacidade de negociación para a resolución de conflitos.
  • A etapa da adolescencia.
  • Conceptos básicos de drogodependencias.
  • Uso/abuso das novas tecnoloxías.