Quen somos

Ámbito comunitario

Servizo de información, orientación e asesoramento

Servizo de información sobre adiccións e o seu tratamento dirixido á mocidade, familias e poboación en xeral familias, mozos/as e poboación xeral, coa finalidade de proporcionar información e asesoramento sobre as drogodependencias e o seu tratamento, axudar a buscar solucións, rebaixar a idade de inicio no consumo, tentar reducir os factores de risco e mellorar os de protección.

As actividades que se levan a cabo dentro deste servizo son as seguintes:

  • Proporcionar información relevante para a prevención das drogodependencias e o seu tratamento.
  • Orientar e apoiar ás familias dos afectados/as pola problemática das drogodependencias.
  • Asesoramento a quen o solicite acerca de como deben actuar ante unha situación ou sospeita de consumo.
  • Información, orientación e asesoramento a toda persoa, grupo social ou institución que o solicite.
  • Entrevistas con pais/nais e afectados/as para analizar persoalmente cada caso e procurarlles a solución máis adecuada.
  • Canalizar e xestionar posibles derivacións cara servizos de tratamento normalizados.

As consultas ou demandas de información aténdense no local social da asociación, por teléfono, correo electrónico ou a través da páxina web.

Sensibilización e prevención de condutas aditivas

Actividades de sensibilización e prevención de condutas adictivas destinadas a pais/nais, mocidade, colectivos e poboación en xeral coa finalidade promocionar hábitos saudables, fomentar os factores de protección e diminuír os de risco, proporcionando un coñecemento correcto e obxectivo sobre as distintas sustancias e condutas adictivas, as consecuencias e perigos do seu consumo e/ou uso e facilitando recursos e información relevante para a súa prevención e tratamento.

As actividades que se levan a cabo son diversas: charlas informativas, xornadas de formación, estudos de prevalencias, deseño e edición de materias preventivos e diversas campañas informativas. Para isto establécense colaboracións con institucións e colectivos relacionados.

Servizo de prevención de VIH/SIDA e outras ITS

Servizo dirixido á poboación en xeral para prevención do VIH/SIDA e outras ITS coa finalidade de xerar un espazo para a construción e a aprendizaxe de habilidades, valores, normas e actitudes que permitan á comunidade reflexionar e capacitarse para afrontar situacións de xestión da saúde, facendo énfase na sexual, e así potenciar a comunidade como axente preventivo na transmisión do VIH/SIDA e outras ITS.

As actividaes que se levan a cabo son diversas: charlas informativas, campañas de sensibilización, obradoiros de sexo seguro e educación afectivo sexual e asesoramento psicolóxico a afectados/as e familiares.

Para potenciar a efectividade das mesmas realízanse intervencións específicas en diferentes ámbitos, que posúen características diferentes e fan necesario adaptar as intervencións: adolescentes, mulleres, persoas inmigrantes usuarios de drogas por vía parenteral e persoas que exercen a prostitución.

Dentro deste servizo tamén se oferta a proba rápida do VIH en fluído oral, xa que asociación forma parte do proxecto de Detección Precoz de VIH en Galicia: Probas Anónimas de Detección Rápida de VIH da Consellería de Sanidade. A finalidade deste servizo é diminuír o retraso diagnóstico da infección VIH, especialmente en poboacións con prácticas de risco, que non acoden con frecuencia ó sistema sanitario, mediante unha proba rápida no fluído oral.

Ademais facilitase consello pre e pos proba do VIH, fomentanse as prácticas preventivas nas persoas que acoden a realizar a proba rápida no fluído oral e facilitase ó acceso ó diagnóstico de VIH e ó tratamento antirretroviral.

Proba rápida do VIH no fluído oral

Servizo de atención xurídico social

Servizo dirixido a drogodependentes con problemas legais pendentes que desexen incorporarse a programas de tratamento, que o teñan interrompido e desexen reinicialo ou que xa estean incorporados, así como os/as que abandonaron o consumo; e a persoas cun entorno relacionado coas drogas (familia e amigos/as do afectado/a...).

A finalidade do mesmo é Informar e proporcionar orientación sobre procesos xudiciais e/ou terapéuticos a quen proceda, prestar asesoramento técnico a xuíces e fiscais, establecer unha coordinación con avogados/as, forenses, rede asistencial de drogodependencias, persoas que interveñan no proceso xudicial e equipos médicos e asistenciais das institucións penitenciarias de referencia.

As actividades que se levan a cabo son:

  • Asesoramento a xuíces e fiscais de cara a propoñer no seu caso unha alternativa terapéutica ó ingreso en prisión debidamente valorada.
  • Localización e revisión de dilixencias e expedientes.
  • Identificación dos avogados/as designados polo turno de oficio e entrevistas cos mesmos/as para plantexar a defensa.
  • Elaboración/aportación de informes psico-sociais, clínicos, así como doutros medios de proba, que poidan ser de interese ó órgano xudicial competente.
  • Asistencias ós xuízos, se é o caso.