Importante

Ola María, xa levo moitas caixas tomadas da pastilla diaria e como todos os meses o mércores acabei a miña caixa e como era algo habitual sempre manchaba os venres. Pero neste mes non, e non sei si me teño que preocupar a verdade, estou asustada, pero eu tomei a pastilla ben e apenas tiven relacións co meu mozo. E segunda cuestión, ó non ter a regra hoxe pois fóísenos das mans e houbo penetración pero sobre una poucos minutos tería algún risco?.

30-11-2014

A regra pode verse modificada por diversos factores como estrés, ansiedade, cambios na alimentación,… entre outros. E ademais, ca toma da pílula algunhas mulleres presentan unha redución do fluxo menstrual ou non presenta a duración habitual e, mesmo, pode que non pareza. Polo que o retraso que mencionas non ten que ser debido a un embarazo non desexado se tomaches a pílula de xeito correcto, como tamén mencionas que o fixeches. Lembrar que a pílula débese tomar todos os días, durante 21 días, á mesma hora e se existen diarreas ou vómitos nas catro horas seguintes deberase tomar outra pastilla. Ademais determinados antibióticos poden reducir a eficacia da pílula, polo que se chos recitan debese informar ó médico/a.

En canto á segunda cuestión, a pílula anticonceptiva tamén protexe de embarazos non desexados na semana de descanso. Así que non tes que ter motivos para estar preocupada.

De todos os xeitos, se segues sen ter a regra e estás preocupada podes realizar un test de embrazo e así estarás máis segura e tranquila.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas