Duda

Si unha muller ten candidiase vaxinal, pode quedarse sen poder ter fillos?

30-08-2016

Non, ter candidiase vaxinal (unha infección por fungos) non afectará a túa probabilidade de quedar embarazada.

A candidiase vaxinal é ocasionada por un fungo común coñecido como Candida. Comunmente, o equilibrio de ácido na vaxina evita que este fungo se multiplique. Pero un cambio na acidez da vaxina xeralmente debido a unha enfermidade, á menstruación, a un embarazo, ao uso dalgúns antibióticos ou a pílulas anticonceptivas pode facer que estes fungos crezan demasiado. A roupa húmida e cinguida, como un traxe de baño húmido, pode tamén constituír un ambiente propicio para o desenvolvemento dos fungos do xénero Candida.

Os principais síntomas da candidiase vaxinal son picazón e fluxo branco, de consistencia similar ao leite callado. Tamén pode ser que teñas ardor, irritación e sarpullido nos beizos externos da vaxina.

A candidiase vaxinal é moi fácil de tratar con funxicidas vaxinais. A maioría dos tratamentos producen resultados nun a sete días. Aínda que ter relacións sexuais mentres esteas a tomar funxicidas non supón ningún perigo, as relacións sexuais poden irritar máis a zona e atrasar a curación.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.