Esta é a miña pregunta:

Hola María, saberías dalgún método caseiro para practicar un aborto?.E para unha compañeira de 19 anos que xa non sabe que facer e nas redes sociais faláronlle das pastillas cytotec e misotropol pero o problema e que non sabe onde conseguilas. Pódesme axudar a darlle resposta? Grazas. (Por favor, evita sermóns do estilo de "ten que seguir adiante" ou " falar antes con seus pais" ), grazas. Esta paxina e completamente anónima, verdade?

28-06-2014

Tranquila, a páxina é completamente anónima, a única información da que dispoñemos é a expós pregunta que fas e o día que se fixo, nada máis, podes estar tranquila.

En canto a si existen métodos caseiros para practicar un aborto non podo axudarche, xa que á hora de interromper voluntariamente un embarazo é necesario acudir a un centro médico xa que se trata dun procedemento que require dun/ha especialista para levalo a cabo en condicións sanitarias, de hixiene e de seguridade para a muller que así o decide.

Os remedios caseiros que poidas atopar en internet supoñen un risco para túa saúde e non son eficaces para levar a cabo unha interrupción voluntaria do embarazo e ademais, esas prácticas poden ocasionar problemas nun futuro. O medicamentos que mencionas (Cytotec é o nome comercial do misoprostol) está indicado para úlceras e pode producir hemorraxias ou rotura uterina se se emprega como abortivo, por iso debe ser receitado por un/ha facultativo/a. Acaso te planterías sacar unha moa ti soa na casa?, que pasaría si tiveras unha hemorraxia? ou unha infección?, pois un aborto é algo serio que se debe deixar en mans de profesionais para que o proceso e o resultado sexa o mellor para a muller.

A túa amiga debería replantearse como quere facelo, e pedir asesoramento a un centro sociosanitario, canto antes. Cantas menos semanas de xestación transcorran máis sinxelo resulta todo. Una boa opción sería acercarte ó centro de planificación familiar de Santiago, onde especialistas che poden asesorar e informarche sobre o proceso (Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572). A atención é gratuíta e tamén anónima.

Abortar, non só ten consecuencias físicas senón tamén psicolóxicas e nese centro poderá contar con apoio médico e psicolóxico. Non é necesario que acuda con alguén pero tamén sería importante que este paso non o dera soa. Un aborto é unha situación desafortunada e difícil para todas as persoas, polo que é importante sentirse apoiada nunha situación así. O apoio de familiares, amizades, profesionais que che orienten,... é moi importante.

Por moi duro que che resulte dicirllo á familia, lembra que a maior parte dos pais/nais queren o suficiente ás súas fillas e fillos como para, aínda co enfado e a confusión lóxica do primeiro momento, aceptar a situación e apoialo/as. Pero se non se sentes capaz de falalo cos teus pais, pode acudir a profesionais da saúde, ao teu médico de cabeceira,.. e acudir á consulta coa túa familia á hora de comunicarllo para que axuden nese intre.

O anterior poderache aparecer un “sermón” pero non o é, son recomendacións para que este proceso sexa o menos traumático posible, abortar non é unha decisión fácil (e por suposto, eu non son mingúen para dicirlle a unha muller se debe seguir adiante ou non cun embarazo, é unha decisión persoal a respectar). Por iso fago estas recomendacións, para que antes de levala a cabo se teña a máxima información posible sobre o proceso de fontes axeitadas (médicos/as), xa que en internet non sempre nos podemos fiar das fontes.

Se quere pode poñerse connosco e concertamos unha entrevista para poder falar e asesorala. Pode facelo a través do correo electrónico (renacer@asociacion-renacer.org), chamando para concertar unha cita (981 87 40 86) ou, se quere pode facilitarnos un número (por esta vía, por exemplo) para poder poñernos nós en contacto con ela ou contigo. Por suposto, como profesionais que somos sempre garantimos o anonimato.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.