Antocinceptivos

Hola a miña duda e que despois duns meses tomando a pildora deixina e a miña ultima regra veume o diia 29 de abril e desde ese dia non as tomo e posible que a proxima regra se me retrase a causa de eso?

27-05-2015

Moitas veces ao deixar de tomar as pílulas anticonceptivas, o organismo pode tardar uns meses en recuperar o seu equilibrio hormonal natural e reiniciar o seu proceso ovulatorio. Sen embargo, nalgunhas mulleres a reaparición da ovulación é inmediata.

De tódolos xeitos, lembrámoste da conveniencia de empregar outros métodos anticonceptivos para previr sempre a posible aparición de embarazos non desexados e de enfermidades de transmisión sexual.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.