Como estimularme a min mesma?

27-02-2016

É complicado dar unha resposta concreta, xa que os gustos e preferencias na sexualidade son diferentes dunha persoa a outra. Cada persoa ten que atopar o que lle da pracer, para o que debe explorar o corpo, coñecelo, xogar e divertirse con el.

De todos os xeitos déixote aquí unhas ideas sobre as zonas eróxenas e a masturbación feminina, por se che serven de axuda.

A mellor forma de acadar o pracer é coñecer o noso corpo en profundidade, ¿Qué significa?, saber cales son as nosas zonas eróxenas permítenos saber que partes do corpo son máis excitables. Aínda que existen zonas eróxenas comúns, todos/as temos preferencias por unhas o por outras. Acariñalas permítenos unha chegada máis rápida do desexo e tamén os beliscos, masaxes, cóxegas, bicos, mimos, soplidos... poden excitar estas zonas especialmente sensibles.

As partes do corpo máis excitables dunha muller son:

- Os peitos: son moi eróxenos. Por exemplo: os bicos e as caricias provocan unha gran excitación. O tamaño dos peitos non inflúe na intensidade do pracer.

- As axilas: a pel das axilas é suave e moi sensible ás caricias.

- Os beizos, o lóbulo das orellas, o ventre, o embigo, as nádegas, o pliegue dos xeonllos, as coxas, os nocellos, os pés e os dedos dos pés. Facer cóxegas na planta dos pés ou chupar os dedos dos pés pode provocar moito pracer.

- O pescozo é unha parte moi sensible. E tamén o pelo e as nádegas.

En canto á masturbación xenital feminina existen diferentes prácticas:

- Estimulación da zona do clítoris e da vulva, acariñando ou fregando coa man ou cun obxecto brando e/ou a masaxe con auga

- Presión rítmica dos muslos

- Só inserción vaxinal

Estas son as máis comúns, pero non hai dúas mulleres que se masturben exactamente da mesma forma. Non hai mellores ou peores métodos, vai depender das preferencias da persoa e do momento.

Lembra que o órgano sexual máis importante que temos as persoas é o noso cerebro, úsao. Emprega a túa imaxinación, visualiza cousas que che exciten, .. tómate o teu tempo gozando, non teñas presa e varía a forma de satisfacerte, se sempre fas máis do mesmo dificilmente descubrirás cousas novas.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.