¿Qué podo facer? ¿É a miña culpa?

Cando eu máis o meu mozo temos relacións sexuais, el nunca chega ao orgasmo e nunca se corre. ¿Isto quere dicir que non disfruta a hora de facelo ou a que pode deberse?

¿É culpa miña porque ao mellor non lle gusta como o fago?

Perdón polas molestias e grazas.

26-07-2014

Antes de nada pedir desculpas por non responder antes pero, como avisamos na portada da web, este servizo estivo temporalmente desactivado.

Antes de nada, dicirche que non tes culpa de nada a vivencia da sexualidade en cada persoa é diferente. E, en ocasións confúndese o pracer co orgasmo. Aínda ambos conceptos están relacionados, xa que teñen que ver co sentir, o estar vivo/a e a capacidade de percibir os estímulos ambientais, son diferentes.

Cando se fala de pracer referímonos a sensibilidade que temos para obter desfrute e goce a través de todos os sentidos. No caso do orgasmo, ó igual que outras manifestacións corporais, é un descarga física similar a un estornudo. É unha resposta fisiolóxica do corpo que estivo xerando excitación ata que chega o momento de límite. Sen embargo, este último está sobrevalorado, pois parece que un encontro sexual non é satisfactorio senón hai orgasmo, esquecéndonos do pracer que sentimos durante as relacións sexuais, o que pode provocar ansiedade na parella. No caso dos homes isto vese incrementado por que tamén se confunde a exaculación co orgasmo. En moitas ocasións poden vir xuntos, pero o orgasmo nun home non é a exaculación.

Así que aínda que o teu mozo non exacule non significa que non desfrute cando tendes relacións sexuais. O que non exista exaculación pode ser debido a sentimentos de medo, ansiedade, …. Ou outros sentimentos negativos que poden interferir na vivencia das relacións sexuais.

Deberiades falar entre os dous sobre o que sentides cando tendes relacións, independentemente de se hai ou non orgasmo ou exaculación para poder coñecervos mellor e saber que cousas vos gustan e dan pracer e entre os dous buscar novas formas de experimentar pracer, explorando os infinitas posibilidades que o corpo humano nos da estimulando os cinco sentidos.

Recordade, máis que detervos a pensar en cousas negativas, centrádevos no que vos gusta e canto e como vos gusta.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.