Dubida

Ola María, eu quería saber si empregando cremas vaxinais por molestias como picor, etc, … pode influenciar na eficacia da píldora?

26-01-2016

Para saber se un medicamento concreto inflúe na eficacia da píldora débese ler o prospecto do mesmo ou preguntarllo ó médico/a no momento que cho receita. De feito, recoméndase que cando se estea ca píldora e nos receiten algún medicamento debemos indicalo, por posibles interaccións.

Se a crema que estás a empregar é un antimicrobiano como a rifapampicina ou antifúnxicos como a griseofulvina, o ketonazol, o fluconazol, … pode diminuír a eficacia da píldora anticonceptiva.

Ademais debes ter en conta que cando se empregan cremas funxicidas para unha infección non se deben ter relación sexuais sen protección xa que estarías contaxiando a túa parella e logo ela podería volver a infectarche novamente. Ademais algún funxicida pode debilitar os preservativos de látex, aumentando as posibilidades de estes rompan. Como tampouco se recomenda o uso de tampóns durante o tratamento, xa que estes absorben a medicación e fan que sexa menos efectiva.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.