Teño 16 anos e estou embarazada, non sei que facer, podédesme axudar?

A miña mellor amiga (que é a unica que o sabe) dime que fale con miña nai, pero non sei si podo, teño medo a que pase de min, que podo facer?. Axuda por favor...

25-05-2012

A nosa recomendación vai na mesma liña que a da túa amiga. Nun caso como comentas ó mellor é que fales coa túa nai e entre as dúas poder ver as posibles solucións a valorar.

Pode que nun comezo a súa reacción non sexa a que máis che gustaría, pero falando con ela e explicándolle o que che pasa e estar a sentir seguro que che apoia. Sempre vai ser mellor contar co apoio e o consello dun adulto que vai querer o mellor para ti e non ter que enfrontarte soa a unha situación así.

En canto as posibles alternativas que vaias ter vai depender do tempo de xestación no que te atopes. Para iso ó mellor que podedes facer é ir un servizo especializado ou teu médico/a de familia para que che derive ó servizo máis axeitado. Xeralmente, o médico/a de familia soe derivar o Centro de Planificación de Santiago ó que tamén podedes chamar vós directamente e pedir cita coa psicóloga, que a soen dar o día seguinte, e comentaravos as diferentes alternativas que poidas ter para así poder valorar os pros e contras de cada unha. O Centro de Planificación atópase en Santiago na Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572. Para pedir cita tes que chamar en horario de mañá , ata as tres da tarde.

Sería conveniente que acudiras coa túa nai, xa que no caso de que decidas interromper voluntariamente o embarazo pola túa idade necesitas o permiso paterno/materno. Ademais de non ter que pasar por esta situación ti soa.

Se queres falar con nós directamente podes acercarte ou chamarnos ó noso local ó teléfono: 981 87 40 86 en horario de mañá ou deixarnos unha mensaxe no contestador ou no correo electrónico (renacer@asociacion-renacer.org) e logo chamámoste nós, sempre garantindo teu anonimato.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.