Dubida importante

Hola maria o venres mantiven relacion ca miña parexa e hubo penetracion sen preservativo pero unhas escasas veces e nin sequera cheguei a exacular nin dentro nin fora e estou moi preocupado por si pode haber risco de embarazo como conento a penetracion foi escasa e estou super preocupado espero unha resposta o antes posible un saludo e grazas de anteman.

24-05-2015

O risco de embarazo vai depender do momento do ciclo menstrual no que se atope a túa moza.

En canto o feito de non haber exaculación dentro da vaxina e importante que saibades que antes da exaculación o home segrega o liquido preseminal. Este é unha secreción para a limpeza e lubricación da uretra antes da exaculación que aparece no orificio do pene durante a excitación, e a medida que esta excitación aumenta, maior será a cantidade de líquido preexaculatorio, especialmente en momentos previos a que ocorra a exaculación. O líquido preseminal pode conter espermatozoides, aínda que en menor cantidade que nunha exaculación.

En canto o momento do ciclo menstrual, aínda que calquera día do mes no que se manteña unha relación sen empregar un método anticonceptivo ou utilizalo de forma incorrecta unha moza pode quedar embarazada, en determinados momentos o risco pode ser maior, como cando está ovulando. A ovulación soe ser na metade do ciclo menstrual, aínda que non é algo exacto xa que a regra pode verse afectada por múltiples circunstancias (estres, cambios na alimentación,..) e sobre todo en rapazas novas onde os ciclos poden ser irregulares.

 

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.