Grazas por darnos a charla, son un alumno de terceiro do IES Nº 1 e quería saber como satisfacer sexualmente á parella.

24-04-2013

A mellor resposta obterala da túa parella, por iso sería importante que falases con ela. Nunha relación de parella algo fundamental é a comunicación e coñecer a outra persoa, os seus gustos, desexos, ... para así poder gozar e compartir o que vos gusta, e a mellor maneira é preguntándollo, falar, ir coñecendo a outra persoa, ó seu corpo, .... para así descubrir entre os dous vos gusta nas relacións sexuais.

Ademais, lembra que a sexualidade non só se centra non órganos xenitais, xa que todo o noso corpo é sexuado o que implica que podemos obter pracer a través de calquera das súas partes. Non é necesario que exista unha relación sexual con penetración para gozar. E aínda mais, se non estas seguro/a pode que a satisfacción non sexa todo o grande que debería e pode provocar que ningunha das persoas se sinta todo o ben que debería e mesmo que algunha delas se sinta realmente mal.

Cada persoa vive a sexualidade dun xeito diferente e por iso é moi importante saber cales son realmente os vosos desexos: os sexuais, os afectivos, todos e cada un. Coñecéndoos, poderedes satisfacelos e, se non o sabes, podes satisfacer os doutras persoas, …

Non tes todo o dereito a sentirte moi ben nas relacións sexuais. Tes dereito practicar o sexo se queres facelo, e a non practicalo se non queres... aínda que a outra persoa queira. Por suposto, tamén tes dereito a elixir o tipo de prácticas que desexas e que máis che gustan... así que, xa sabes, é importante para ti que digas "si" ou "non" cando queiras.

Para o pracer non hai receitas, e moitas veces non é tanto o que senón o como, con quen... en realidade hai tantas maneiras de dar e recibir pracer como persoas existen.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.