Aborto caseiro

Ola, teño 17 anos e estou embarazada. Quería saber un método caseiro para abortar (marco de CASEIRO) sen ter que asistir a un centro médico nin que mingúen saiba disto. Por favor absterse de comentar o do centro médico, pregúntoo por que en internet atopei trucos como o uso de perexil introducido na vaxina axuda a abortar, pero non me fío moito. Que maneiras coñecedes?, é certo o do perexil?

24-02-2014

Sentíndoo moito non podemos axudarche no que nos solicitas, xa que á hora de interromper voluntariamente un embarazo é necesario acudir a un centro médico xa que se trata dun procedemento que require dun/ha especialista para levalo a cabo en condicións sanitarias, de hixiene e de seguridade para a muller que así o decide.

Os remedios caseiros que poidas atopar en internet supoñen un risco para túa saúde e non son eficaces para levar a cabo unha interrupción voluntaria do embarazo e ademais, esas prácticas poden ocasionarche problemas nun futuro. Acaso te planterías sacar unha moa ti soa na casa?, que pasaría si tiveras unha hemorraxia? ou unha infección?, pois unha aborto é algo serio que debes deixalo de profesionais para que o proceso e o resultado sexa o mellor para ti.

Deberías replantearte como queres facelo, e pedir asesoramento a un centro sociosanitario, canto antes. Cantas menos semanas de xestación transcorran máis sinxelo resulta todo. Una boa opción sería acercarte ó centro de planificación familiar de Santiago, onde especialistas che poden asesorar e informarche sobre o proceso (Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572).

Abortar, non só ten consecuencias físicas senón tamén psicolóxicas e nese centro poderás contar con apoio médico e psicolóxico. Non é necesario que acudas con alguén pero tamén sería importante que este paso non o deras soa. Un aborto é unha situación desafortunada e difícil para todas as persoas, polo que é importante sentirse apoiada nunha situación así. Busca familiares, amizades, profesionais que che orienten,... Por moi duro que che resulte dicirllo á túa familia, lembra que a maior parte dos pais/nais queren o suficiente ás súas fillas e fillos como para, aínda co enfado e a confusión lóxica do primeiro momento, aceptar a situación e apoialo/as. Pero se non te sentes capaz de falalo cos teus pais, podes recorrer a profesionais da saúde, ao teu médico de cabeceira,.. e acudir á consulta coa túa familia á hora de comunicarllo para que axuden nese intre.

Se queres podes poñerte connosco e concertamos unha entrevista para poder falar e asesorarche. Para iso podes facelo a través do correo electrónico (renacer@asociacion-renacer.org), chamando para concertar unha cita (981 87 40 86) ou, se queres podes facilitarnos un número (por esta vía, por exemplo) para poder poñernos nós en contacto contigo, sempre garantindo o teu anonimato.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.