Pero é normal que che pregunten si es virxe cando te vacinas?, ou solo che pesan e eso?

23-12-2013

Non coñecemos o protocolo exacto á hora da vacina, pero xeralmente vai depender do profesional que se trate.

Pero que che pregunten si tiveches relacións sexuais é algo que entra dento do normal, xa que se as tiveches poder haber posibilidade de contraeras algún dos tipos de virus responsables do cancro de útero, xa que a vacina adminístrase para unha protección eficaz dos catro tipos de virus responsables da maior parte das enfermidades asociadas ó virus do papiloma humano (VPH) e está indicada para inmunizar ás adolescentes de 9 a 15 anos e adultas de 16 a 26 anos.

A vacina é preventiva é, polo tanto, non representa un tratamento contra o cancro. A súa efectividade demostrouse en mulleres que non estiveron expostas a ningún dos tipos de VPH, por este motivo recoméndase vacinar ás rapazas antes da súa primeira relación sexual. Sen embargo, se a muller estivo exposta a algún dos catro tipos de virus a vacina protexeraa de aquel que non a infectara. Tamén, hai que ter en conta que, se unha persoa que contrae o VPH non significa que acabe tendo cancro, pero si que ten maiores probabilidades de contraelo nun futuro.

Para a túa tranquilidade, os/as profesionais sanitarios non van a comunicarlle aos teus e tiveches ou non relacións sexuais, xa que a paciente es ti e deben respectar a autonomía do paciente, aínda que sexa menor (só notificarían se houbese algún tipo de risco grave para a túa saúde e aínda así deben ter en conta a túa opinión).

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.