Meu mozo fixo presión no meu orificio vaxinal co seu pene cando contiña líquido preseminal. Podo estar embarazada?

23-05-2013

Unha forma de vivir a sexualidade e fonte de pracer como son os roces, caricias, os bicos, as apertas , os xogos eróticos, tocar e tocarse, … . Estas prácticas non teñen risco de embarazo, aínda que esteades espidos.

Se hai exaculación na zona xenital (entrada da vaxina) si que pode existir risco de embarazo non desexado ou dunha infección de transmisión sexual, aínda que a probabilidade é menor que nunha relación sexual con penetración e sen protección, xa que existe posibilidade de que o seme se introduza na vaxina.

Na situación que comentas só houbo roces polo que non existe risco de embarazo. Sería recomendable que considerarades incluír o preservativo nas vosas relacións sexuais se queredes gozar de outras prácticas sexuais, sen que supoña un risco para a saúde.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.