Cando estas o acto a catro patas pódenche introducir o pene pola vaxina?

22-08-2016

Esta pregunta non ten unha resposta concreta por que vai depender de varios factores, da postura concreta, de cómo esteades colocados e se queredes que exista penetración vaxinal ou non.

Cando se fala de relacións sexuais e de determinadas posturas non hai un modo único ou correcto de facelas, cada persoas víveas de xeito diferente, o que a unha persoa lle procura pracer pode non procurarllo a outra. Por iso é moi importante coñecer os propios desexos (sexuais, afectivos, ...) e gustos. Coñecéndoos, poderás satisfacelos e, se non os coñeces, poderás satisfacer os doutras persoas, pero isto non te vai facer sentir ben... e, non o esquezas, tes todo o dereito a sentirte moi ben.

Ademais nas prácticas sexuais tamén se require aprendizaxe e práctica. Polo que debes ter en conta que a primeira vez que o intentes pode non ser todo o satisfactorio que esperabas, é normal. Tamén é importante falalo ca parella e buscar entre os dous a posición máis pracenteira para ambos.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.