Sentimento de vacío

Ola, acudo a este blog xa que non teño ninguén mais con quen falalo sen que me tachen de tola. O meu caso é que aos meus 19 anos de idade sinto a necesidade de ter un fillo e amarlo e e darlle unha boa vida. Vale que ao estar a estudar non é recomendable e ademas a miña parella e eu levamos 4 anos xuntos, non quero dicirlle nada pero sinto cada vez mais un vacio que non se como controlar que me asfixia e non sei como levalo.. Axuda porfavor.

21-07-2015

Antes de nada desculpas pola tardanza na resposta pero non sempre podemos respostar no mesmo día en que facedes as vosas consultas, tentámolo pero non sempre podemos.

En canto á cuestión que planteas é díficil dar una resposta concreta e menos por esta vía, invitámosche a que te acerques ó noso local, nos chames por teléfono ou mesmo podes deixar noutra pregunta un número para nós poder chamarte (evidentemente non sería publicado e só nos o veriamos ).

Como recomendación para afrontar e levar mellor esta situación, deberías falalo con alguén da túa confianza, pode ser a túa parella ou outra persoa próxima a ti (ou con nós nas formas que che indiquei. O desexo de ser nai e selo e unha das cousas máis bonitas da vida, e non ten que provocar sufrimento ningún, salvo excepcións (enfermidades que imposibilitan, por exemplo). O que pode “costar” entender é esa inmediatez e urxencia que manifestas por ser nai e a necesidade que un fillo/a “encha” algo que falta na túa vida. De feito, ata pode ser contraproducente, os fillos/as non “arranxan” as nosas vidas, senón que fan que estas sexan distintas, modifican as nosa forma de vela e vivila e producen enormes satisfaccións pero non significa que sen eles a nosa vida non teña sentido nin que non poidamos desfrutar coma persoa, parella, … senón que adquire outro significado.

Supoño que igual estás cansa de que cho digan pero ser nai é unha ardua tarefa, con luces e sombras que se afronta moito mellor se unha vai chea de luz e enerxía e cunha vida “encamiñada” (non quere dicir resolta, senón que saibas por onde seguir a túa vida) para que logo “só” teñas que preocuparte e centrar as túas forzas en ser nai, unha estupenda, feliz nai.

Por que “revisas” as túas metas máis próximas?, non quere dicir deixar de querer ser nai senón pensar: quero ser nai pero antes debo encamiñar a miña vida, ser feliz para logo engadir máis felicidade cun fillo/a. Pensar por que me sinto baleira sen un fillo/a?, que está ocorrendo na miña vida para sentirme así?, só serás feliz sendo nai?, ….. pensa tamén, que cousas tes na túa vida que che fan sacar un sorriso?, que outros anhelos teño na miña vida?, que teño que facer para conseguilos? ….

Os fillos/as e as parellas non nos complementan coma persoas, somos persoas completas. O que sí fan e sumar.

Non sei se me expresei ben no que che quería dicir, xa que por este medio cuestións coma a que planteas son complicadas de respostar, e se ben estas palabras che poden servir de alivio. Senón reitero o que antes che di9xen, acércate polo noso local ou fainos chegar por esta vía un número de teléfono. O anonimato sempre está garantido.