Vomito case todos días o que como. Iso adelgaza?. Eu véxome igual.

21-04-2013

Se desexas diminuír o teu peso deberías acudir a un especialista que che recomendará a dieta axeita para ti e realizarache os controis médicos necesarios, para non poñer en risco a túa saúde.

Empregar o vómito para adelgazar é algo prexudicial para a túa saúde, xa que este ten consecuencias graves no organismo, tales como:

  • A deshidratación: O vómito é un dos métodos máis comúns de purgar, evitar que o corpo reteña a cantidade necesaria de líquidos. Este tipo de deshidratación é moi grave, e produce efectos a curto prazo, tales como mareo e debilidade, pero tamén pode conducir a máis graves problemas a longo prazo, como insuficiencia renal, insuficiencia cardíaca, dano cerebral e morte.
  • Desnutrición: No afán de eliminar a comida inxerida en exceso várrense todos os nutrientes do corpo. A desnutrición e a debilidade é a consecuencia directa de vomitar para querer adelgazar, nada mellor que unha dieta saudable para lograr ese labor.
  • Refluxo: Os trastornos de refluxo esofáxico e ácido son causados polo vómito excesivo. Cando unha persoa vomita os alimentos parcialmente dixeridos no estómago cara ao esófago, o ácido e as encimas poden causar danos no seu camiño, e poden conducir ao cancro do esófago e larinxe.
  • Carie: Os vómitos relacionados co ácido do estómago tamén causan erosión dental pola excesiva exposición ó ácido do vómito.
  • Problemas para tragar a comida: vomitar en exceso tamén produce inchazón nas meixelas, queixo e colo. O que causas dores no momento de dixerir a comida.
  • Esterilidade: Ás veces as mulleres experimentan a perda dun ciclo menstrual regular; un embarazo a termo pode chegar a ser imposible debido á malnutrición e carencia da vitamina no organismo e o feto.
  • Depresión: Como polo xeral faise en segredo, o vómito autoprovocado trae consigo sentimentos de vergoña. A ansiedade e a depresión pode conducir a un episodio de atracóns e as purgas, pero este comportamento tamén pode conducir á depresión, continuando un ciclo vicioso.

Sería importante e recomendable, que falases con alguén do teu entorno do que che está a pasar senón podes poñerte connosco, por que consideramos que a situación pola que podes estar pasando pode ter outras complicacións negativas na túa vida. Se queres poñerte en contacto connosco podes facelo a través do correo electrónico (renacer@asociacion-renacer.org), chamando para concertar unha cita (981 87 40 86) ou, se queres podes facilitarnos un número (por esta vía, por exemplo) para poder poñernos en contacto contigo, sempre garantindo o teu anonimato.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.