Test positivo con evra.

Ola, quería preguntarvos si tedes coñecemento de se os parches Evra provocan unha alteración no resultado dos test, posto que levo usando os parches tres meses e correctamente. Por casualidade fixen un test de embarazo por motivos fora de que eu tivera dúbidas dun posible embarazo. A miña sorpresa foi que dou positivo. E claro votei d contas que estaria mal o test. Pero o facer o segundo para saíir de dúbidas o resultado foi o mesmo. Quero saber se esto pode ser un embarazo real aínda empregando anticonceptivos, posto que teño 18 anos e un neno agora non me fai ilusión ningunha. Grazas por atender as miñas dúbidas.

20-01-2016

Non temos coñecemento do que preguntas, se o parche puido afectar á proba. Non sabemos que puido fallar, se o parche ou a proba de embarazo, polo que che recomendamos que acudas canto antes a un médico/a para poder contarlle a túa situación e analizar que puido fallar. Ademais poderache realizar un test de embrazo de laboratorio que non ten marxe de erro. Recalcamos que sexa canto antes xa que ante un posible embrazo deberás tomar a decisión de seguir ou non adiante , aínda que non deb de ser precipitada tampouco se debe alongar no tempo.

A modo informativo dicirche, que parche transdérmico ten unha alta eficacia se o seu uso é correcto pero esta pode verse afectada pola toma de certos medicamentos. Se foi o teu caso coméntallo médico/a.

En canto ás probas de embarazo, estas detectan a presenza nos ouriños dunha hormona que o organismo só produce cando a muller está embarazada, a hormona gonadotropina coriónica humana (hCG). Esta hormona chega ó sangue entre sete e nove días despois da concepción. A partir dese momento, os seus niveis comezan a aumentar rapidamente (a súa cantidade duplícase cada dous días), chegando á máxima concentración ó final do terceiro mes de embarazo. As actuais probas son capaces de detectar esta hormona nos ouriños aos 15 días da concepción.

En canto a fiabilidade das probas, a maioría dos tests de embarazo caseiros son moi precisos, non todos detectan unha concentración da hormona o primeiro día de atraso menstrual. Algunhas marcas ofrecen información sobre a sensibilidade en miliunidades internacionais por mililitro de ouriños. Por exemplo, un test que é capaz de detectar 25 mUI/ml é máis sensible que outro que detecte 50 mUI/ml de hCG en ouriños.

Como norma xeral, nos resultados das probas se o resultado é positivo este é altamente fiable. Se é negativo, aínda queda unha marxe de erro. Neste caso, recoméndase realizar un novo test cinco ou sete días máis tarde. Se continúa sendo negativo, pero non se recupera a menstruación, é necesario falar co médico para que determine a causa.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.