Importante

Ola María, eu queríache facer unha pregunta, hai unha semana que acabei co antibiótico e hoxe empece a cuarta caixa de pastillas anticonceptivas se hoxe fago algo coa miña parella , pode haber riscos de embarazo?

19-06-2014

En principio, ó pasar unha semana xa non hai restos do antibiótico no teu corpo que poidan interferir na eficacia da píldora, así que tes relacións sexuais con penetración non habería risco de embarazo.

Cando se fala do prazo dunha semana é algo meramente orientativo e xeral, por que vai depender do tipo de antibiótico, do tempo que o estiveras tomando e do teu propio organismo, non se todos asimilan/eliminan no mesmo tempo. Pode ser eliminado con anterioridade, pero dáse esta marxe por seguridade.

De todos os xeitos, aínda no caso que si houbera algún sería unha cantidade moi pequena que non influiría na efectividade do anticonceptivo.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.