Opinión

Quería probar as copas menstruais, que opinas sobre elo?. Grazas

19-02-2016

A copa menstrual é unha alternativa ás compresas e tampóns ecolóxica (reutilizables), saudable (non se lles asociou a síndrome do shock tóxico, como ocorre cos tampóns) e económica (poden durar até dez anos se os coidas).

E unha opción persoal, que vai depender de cada muller. Coñezo casos que a empregan e están encantadas pero como se falas de compresas e tampóns hai defensoras e detractoras de ambos.

O que si podemos e darche información sobre ela, que che pode axudar a tomar unha decisión. E logo podes probar para saber se se axusta as túas necesidades.

Que é unha copa menstrual?

A copa menstrual ou vaxinal é un tipo de barreira que se insire na vaxina durante a menstruación para reter o fluxo menstrual. A diferenza dos tampóns non absorbe o sangue, a menstruación queda contida no interior da copa ata que se extrae da vaxina e se baleira.

É reutilizable, non é un produto de usar e tirar. Despois de cada uso, baléirase, límpase con auga e insírese de novo. Se esteriliza despois de cada menstruación para o próximo mes. Pode chegar a durar até 10 anos.

As copas poden estar fabricadas con diferentes materiais: látex, silicona médica ou TPE, non produce alerxias, non contén branqueantes nin produtos químicos que poidan ser absorbidos polo noso corpo, non produce irritacións vaxinais e non xera residuos.

Como funciona

Aprender a usar unha copa menstrual é sinxelo: Primeiro de todo dóbrase e introdúcese na vaxina durante os días de menstruación e despois dunhas horas, dependendo da cantidade de fluxo que se ten, extráese, baléirase no WC e límpase con auga ou con papel. Unha vez limpa se reintrodúcese e listo. Non se nota, non doe e non cheira. Ao principio, como todo necesitarás un pouco de práctica, como a primeira vez que usaches un tampón.

Existen diferentes tallas, para poder adaptarse a diferentes necesidades: fluxos abundantes, fluxos normais ou escasos, mulleres que deron a luz, mulleres que nunca mantiveron relacións sexuais, mulleres cun chan pélvico débil, mulleres deportistas.---

Vantaxes

As copas menstruais reutilízanse, por iso son ecolóxicas para o medio ambiente e é mais económica. Ademais é beneficiosa para a nosa saúde: o uso de compresas e tampóns están asociado a problemas de sequidade, candidiase e Síndrome de Shock Tóxico, con todo, a copa menstrual non afecta negativamente á nosa saúde, non se nota ao levala e non altera a nosa menstruación.

Espero que esta información che axude a decidirte. Se necesitas algunha aclaración ou calquera outra cuestión non dubides en volver a poñerte en contacto connosco. Grazas.