Todas as pastillas anticonceptivas serven para non quedar embarazada non?

18-01-2016

A pilula anticoncetiva é un tratamento hormonal que impide a ovulación na muller, e por tanto o embarazo. Existen diversos tipos: pílula combinada e a mini pílula ou pílula de proxestina pero todos teñen una eficacia entre o 95% e 97%, se se empregan correctamente.

Lembra que á hora empregar calquera método anticonceptivo hormonal é necesaria a indicación facultativa dun/ha especialista, que será quen che indica cal é o método máis apropiado para a o caso, xa que existen varias combinacións hormonais e as vías de administración. Podes acudir ó teu médico/a de cabeceira, xinecólogo/a ou a un centro de orientación e planificación familiar.

A toma da pílula anticonceptiva presenta vantaxes e desvantaxes. Entre as vantaxes da pílula están que regula o ciclo menstrual, pode diminuír as molestias menstruais e algunhas regulan os desamaños hormonais que poden facer, por exemplo, que aumente a lanuxe no corpo (pernas, brazos, cara...). Entre as desvantaxes: hai que lembrar tomala cada día, se esqueces unha toma, non é efectiva nese ciclo, se tes vómitos ou diarreas, antes das dúas horas posteriores á toma da pastilla, hai que repetila, porque poida que o corpo non a asimilara e pode ter efectos secundarios (consultar con profesionais).

Lembrar que a pílula anticonceptiva só nos protexe de embarazos non desexados, nunca de ITS e/ou VIH-SIDA.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.