Se tomas as pastillas anticonceptivas todos os días, e usas peservativo non quedas embarazada non...?E só te quedas embarazada se o teu mozo che se corre dentro..?

18-01-2016

Usar a píldora anticonceptiva e o preservativo ó mesmo tempo é que se denomina dobre método, co que se consegue unha alta eficacia na prevención de embarazos non desexados e na prevención de ITS.

Se se empregan correctamente ambos métodos non existe risco de embarazo non desexado.

En canto á segunda cuestión, se hai exaculación na vaxina sen que se empregue un método anticonceptivo pode existir risco de embarazo. Pero tamén hai que ter en conta que antes da exaculación prodúcese o liquido preseminal, cuxa función e neutralizar a uretra de ouriños e pode conter espermatozoides, polo que debemos empregar o preservativo dende o comezo da penetración.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.