Si te tomas a pastillas anticonceptiva dúas horas tarde do normal pasa algo?. É que sempre a tomo ás 10 e o outro dia tomeina ás 12

18-01-2016

Non pasa nada. Estás a falar dun intervalo de dúas horas nun día concreto, o que non reduciría a eficacia da píldora.

Recomendase tomar a píldora á mesma hora, xa que así aumenta a súa eficacia. Ademais se temos un horario fixo e cómodo axuda a recordar que a tes que tomar e así prever posibles esquecementos.

A píldora ten unha eficacia entre 95-97% se se toma correctamente, se variamos as horas da toma de xeito regular esta eficacia verse algo reducida. Aínda que non é o teu caso por ser algo puntual.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.