Rompeume o preservativo. Son menor de idade, que fago?

Ola María, pois pasoume iso, rompeunos o condón e non sei que facer, pódesme dar algún consello? Grazas por escoitarme.

17-11-2012

Antes de nada grazas a tí por poñer a túa confianza en nós.

En relación o que non comentas cando nunha relación sexual con penetración hai una rotura de preservativo pode existir risco dunha infección de transmisión sexual ou de embarazo non desexado.

En canto ás ITS, sería importante que prestarades atención as zonas xenitais por se se produce algún cambio e/ou molestia. Ante a sospeita é importante afrontalo, non automedicarse e , sobre todo, buscar atención médica. Acudide, canto antes, ao teu médico/a de cabeceira ou a recursos especializados.

En canto a posibilidade dun embrazo non desexado, a recomendación sería recorrer a un método de emerxencia, como pode ser a pílula do día despois ou postcoital que evita, nunha alta porcentaxe, un posible embarazo non desexado en caso dicides.

Sobre a pílula postcoital:

Non é un método anticonceptivo como os existentes no mercado para planificar a nosa vida reprodutiva, nin nos protexe das infeccións de transmisión sexual. Lembra que o preservativo é o único método que evita ó mesmo tempo os embarazos non desexados e as Infeccións de transmisión Sexual e o VIH/SIDA.

¿Como actúa?

Actúa de maneira moi sinxela. Se mantiveches unha relación sexual cunha rotura de preservativo pode ocorrer que un óvulo sexa fecundado e pode ser que non, non podemos sabelo.

O tratamento poscoital impide a ovulación se esta non se produciu, impide que o óvulo aniñe no útero no caso de que fora fecundado. Obviamente, desta maneira impídese que comece ou embarazo.

Para tomala: ¿cando e como?

Debes tomala dentro das 72 horas (3 días) seguintes á relación de risco, tendo en conta que a eficacia vai diminuíndo a medida que van avanzando as 72 horas; canto antes de tome o tratamento, máis efectivo é.

É importante que se transcorreron máis de 72 horas (tres días) dende que se produciu o coito sen protección, non empregues as pílulas postcoitais. Acode ao médico/a de familia ou a recurso especializado como son os Centros de Planificación Familiar ( o máis próximo a nosa comarca está en Santiago: Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572), para que persoal cualificado asesóreche e poidas valorar as posibles opcións.

É aconsellable comer antes de tomar as pastillas, xa que contribúe a reducir os posibles efectos secundarios que poden darse.

Se vomitas durante as dúas horas seguintes á inxestión das pastillas, necesita repetir á toma canto antes. Se vomitas despois de tres horas de tomar os comprimidos, non te preocupes, a medicación xa che fixo efecto.

Nos días posteriores á toma é posible que apareza un sangrado vaxinal. Tamén pode presentarse coincidindo coa seguinte menstruación. Tras isto, sería moi recomendable que acudiras a unha revisión xinecolóxica para realizar un control, e recibir asesoramento sobre método anticonceptivos. Se non se presenta a menstruación na data esperada debes acudir de novo ao teu médico para realizar un test de embarazo. E se estás tomando anticonceptivos orais tes que continuar tomándoos con normalidade.

Os efectos secundarios son pouco frecuentes, débiles e desaparecen rapidamente. Poden aparecer náuseas, dores de cabeza e desaxustes menstruais.

Non se precisa ningún recoñecemento médico ou análise previos á súa toma. Poden empregala todas as mulleres ó longo da etapa fértil da súa vida e tampouco é necesario que sexas maior de idade para mercala nunha farmacia.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.