Metodos anticonceptivos:

Boas María, mira quería saber se sabes se se necesita permiso paterno (eu teño 16 anos) para usar anticonceptivos como: ANILLO VAGINAL (NuvaRing)/PARCHE ANTICONCEPTIVO (EVRA)/IMPLANTE SUBDERMICO (Implanón)

17-07-2012

Antes de nada pedir desculpas por non responder antes pero, como avisamos na portada da web, este servizo estivo temporalmente desactivado.

Á hora empregar calquera método anticonceptivo hormonal é necesaria a indicación facultativa dun/ha especialista, que será quen che indica cal é o método máis apropiado para a o caso.

En canto a idade para poder empregalos, segundo a lei española sobre a autonomía do/a doente, 41 de 2002, estableceu un sistema de consentimento dos/as menores, cuxa aplicación depende do caso concreto.:

  • Como regra xeral, se o/a menor é capaz de comprender, intelectual e emocionalmente o alcance da intervención, e el/a quen debe tomar a decisión autónomamente. Se o/a menor non conta con estas condicións o consentimento débeo proporcionar o representante legal. Despois de escoitar a súa opinión cando é maior de 12 anos.
  • Se o/a menor ten máis de 16 anos ou está emancipado, non se pode prestar o consentimento por representación. Sen embargo se a intervención e de grave risco o/a profesional pode informar os pais/nais.

No caso dos dous primeiros métodos os que mencionas (anel vaxinal e parche transdérmico) non necesitarías, polo tanto, permiso paterno para poder empregalos, sempre e cando sexa indicados por un/ha especialista. Pero o implante subdérmico non o poderías empregar xa que o protocolo de administración do mesmo circunscríbeo a mulleres de entre 18 e 40 anos.

Se necesitas información médica máis precisa sobre os métodos e se son indicados para ti podes acudir a un/ha especialista ou acudir a un centro de orientación e planificación familiar. O máis cercano á nosa comarca é o Centro de Planificación de Santiago, e podes chamar directamente para concertar unha cita. Este é un servizo gratuíto que conta cun equipo multidisciplinar ( psicólogo/a, enfermeiro/a, xinecólogo/a,…). O Centro de Planificación atópase en Santiago na Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572. Para pedir cita tes que chamar en horario de mañá.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.