Dúbida

A píldora na semana de descanso tamén che prevén de embarazos

15-07-2014

A píldora anticonceptiva é efectiva durante todo o ciclo menstrual, incluída a semana de descanso, aínda que nesta non se tome ningún comprimido.Lembra comezar un novo envase ó finalizar este descanso.

En relación, a píldora anticonceptiva diaria, é importante recordar que o fundamental é tomalas correctamente, sen esquecer ningunha. A modo informativo, tamén hai que ter en conta certas circunstancias que poden diminuír a súa eficacia:

- Se se producen vómitos dentro das 3 horas posteriores á toma débese tomar unha nova pastilla activa tan pronto como se deteñan os vómitos. Se se logrou tomar un novo comprimido dentro das doce horas do horario habitual de toma, a eficacia non se altera.

- As diarreas moi intensas e persistentes poden diminuír a absorción dos anticonceptivos. Neste caso, será preciso empregar o preservativo ata 7 días despois de superar o cadro.

- Algunhas medicacións poden diminuír a absorción ou eficacia das pastillas anticonceptivas. As de uso máis frecuente son os antibióticos, que alteran a flora intestinal e polo tanto perturban a absorción das pastillas anticonceptivas. Para manter a máis alta eficacia anticonceptiva debe utilizarse un preservativo durante todo o tratamento antibiótico e ata completar 7 días de pastillas anticonceptivas logo de rematado o tratamento.

- Certas drogas que se utilizan en neuroloxía ou psiquiatría tamén poden afectar a eficacia dos anticonceptivos orais.

Ante calquera dúbida sobre posibles interaccións de medicamentos é conveniente preguntalo o/a medico/a.

Lembra que a pílula anticonceptiva só nos protexe de embarazos non desexados, nunca de ITS e/ou VIH-SIDA.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.