Duda

Ola maria, eu acabo cas pastillas anticonceptivas os venres, o mes pasado acabina o venres e baixoume o luns e neste mes acabina este viernes e hoxe estamos a luns e ainda non me baixou eu tomin as pastillas correctamente , habra alguna posibilidade de embaraZo?

15-06-2015

Ola se como nos comentas a tomaches correctamente non deberías preocuparte, o que tamén debes ter en conta é se neste mes estiveches tomando outros tratamentos como por exemplo antibióticos, xa que a toma simultánea dalgunha medicación pode alterar en certa maneira o efecto habitual dos anticonceptivos orais. Cando digo alterar non quere dicir que estes deixen de ser efectivos, xa que non perden a eficacia.

Por outra banda debes lembrar que o noso corpo non sempre funciona coma un reloxo con total puntualidade, posto que determinadas situacións que nos provoquen nerviosismo tamén van incidir na posibilidade de certos retrasos na regra.

Pero se este retraso se prolonga máis de 15 días sería recomendable que fixeras unha proba de embarazo para saír de dúbidas: pódese facer no médico/a de familia, comprando un test na farmacia (aínda que depende da marca o seu prezo pode rondar os 10 €) ou nos Centros de Planificación Familiar (o máis próximo a nosa comarca está en Santiago: Rúa Londres, 2 – Fontiñas e o teléfono é: 981 577 572).

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.