Importante

Ola María, fai 3 meses que empecei ca píldora diaria e cando rematei a primeira caixa baixoume un manchado marrón aos tres días pero pouco e non manchaba nada. Así me pasou ao rematar a segunda caixa o mesmo, pero nesta terceira caixa tiven infección de orina e estiven tomando antibiótico, a píldora tomaba ás 8 da mañá e o antibiótico as 11 ou 11 e algo. O problema e que un día na casa do meu mozo estabamos como xogando e penetroume por uns minutos pero non se correu nin nada despois non volvín a tomar o antibiótico e volvino a facer pero sen correrse nin dentro nin fora porque eu non estaba segura de si era seguro ou non, agora acabei a pastilla o mércores e o sábado, é dicir onte, manchei marrón pero hoxe xa non volvín a manchar e non sei si e pola píldora si non, a verdade estou moi nerviosa porque eu tomeina todos os días a mesma hora.

15-06-2014

Un dos efectos secundarios máis frecuentes en relación á pílula anticonceptiva é que esta altera os ciclos menstruais. A cantidade de sangrado menstrual diminúe e mesmo nalgunhas mulleres, pode chegar a desaparecer. Tamén que cambia o aspecto da menstruación, que se volve dunha cor máis escura. Ese manchado que comentas é a menstruación que muda polos efectos das hormonas que contén a píldora anticonceptiva.

En canto á toma dos antibióticos, aínda que poden reducir a efectividade da pílula, non significa que esta deixe de ser efectiva nunha alta porcentaxe. Ademais nas prácticas sexuais que realizachedes o risco de embrazo non desexado é moi baixo. Polo que podes estar tranquila, xa que estás tendo a regra.

De todos os xeitos, para unha maior tranquilidade en canto a menstruación que agora tes debido á píldora podes acudir ó teu médico/a de cabeceira ou xinecólogo/a para facer una revisión. Pero, volvo a repetirche que é normal que ó tomar a píldora a regra cambie tanto en aspecto coma na cor.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.