¿Qué diferenza unhas marcas de preservativos doutras?

15-03-2010

No que debemos fixarmos á hora elixir un preservativo é que estean homologados pola autoridade sanitaria e con marcado da CE. Este é o testemuño por parte da empresa fabricante de que o seu produto cumpre cos requisitos legais e técnicos en materia de seguridade que esixen os estados membros da Unión Europea.

Hai moitas marcas e tipos de preservativos con diferentes texturas, grosores, formas cores, sabores e prezos. Polo que á hora de elixir unha marca de preservativos guiarémonos polas nosas preferencias persoais, xa que ata as marcas máis baratas cumpren as normas de seguridade.

Así que, xa que temos a nosa disposición unha variedade anímate a probar diferentes preservativos e así poder elixir o que mellor se adapte as túas necesidades e preferencias e ás da túa parella.

Lembra que á hora de compralos debemos facelo en farmacias ou noutros lugares que ofrezan garantía. Logo debemos comprobar estean en bo estado, a data de caducidade e que estean homologados pola autoridade sanitaria e con marcado da CE. E á hora de gardalos, debemos protexelos da calor, a luz e a humidade excesiva (ollo coas carteiras e as guanteiras dos coches, os cambios de temperatura pódenos deteriorar). Polo que, debemos gardalos en lugares frescos e secos.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. GRAZAS.