Dubida

O frenillo dun rapaz debe romperse ou non fai falla?. O meu mozo ten medo a que llo rompa e teño unhas ganas que flipas...

13-10-2015

O frenillo é unha capa de pel que axuda axudar a retraer o prepucio sobre o glande. Nas situacións nas que o pene non está en erección, o frenillo permanece resgardado e oculto tras o prepucio. Cando o home retira o prepucio, o frenillo aparece. Esta zona contén numerosas terminacións nerviosas polo que se considera como unha das zonas máis eróxenas do home.

O frenillo ten, principalmente, dúas funcións. En primeiro lugar, protexe o glande e axuda a manter o prepucio na posición adecuada, sobre o glande, cando o pene está flácido. En segundo lugar, o frenillo facilita o acto sexual ao permitir o desprazamento do prepucio. Ademais, consegue que as sensacións durante o acto sexual sexan máis intensas debido á enervación da zona.

O que comentas de que “debe romperse” é unha idea errónea, xa que como explicamos o frenillo ten funcións, o que ocorre é que ás veces poden xurdir problemas.

Os homes poden ter dous problemas relacionados co frenillo:

- Frenillo curto: Considérase que o home ten o frenillo curto cando o movemento do frenillo está restrinxido e pode provocar que o home teña dores mentres realiza o acto sexual. Esta condición pode desenvolver por causas xenéticas, a consecuencia dalgunha infección ou de enfermidades, como a fimosis. O tratamento recomendado para o frenillo curto son estiramentos da zona, en ocasións acompañada por unha crema de esteroides ou a circuncisión.

- Rotura do frenillo: Os homes que teñen frenillo curto teñen altas probabilidades de sufrir unha rotura na zona. Esta rotura adoita causar que o frenillo sangue e unha dor forte. Polo xeral, o frenillo adoita curarse cando a hemorraxia finalizou.

O principal motivo polo que se produce a rotura é pola práctica sexual. Cando a parella está a practicar o coito, sobre todo se a parella sitúase nunha posición encima do home, poida que non haxa a lubricación necesaria para realizar a penetración. Nestes casos o pene pode atascarse e o frenillo pódese romper ao non soportar todo o peso.

Explicado isto, o teu mozo ten que valorar se pode ter ou non frenillo curto. Para iso non é necesario ter relacións sexuais con penetración senón que ca práctica da masturbación pode comprobar se ten molestias cando o pene está en erección e o frega. Se non ten molestias podedes comezar a ter relacións sexuais pouco a pouco, valorando se aparecen molestias ou non. É importante, para os dous, non ter presa á hora de manter relacións sexuais, unha adecuada excitación fará que a experiencia sexa máis gratificante.

No caso de aparezan molestias debería acudir a un médico/a para unha exploración e valoración.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.