Sangrado antes do previsto

Tomo a pildora anticonceptiva combinada e ainda me faltan duas para rematar o cicle de 21 pastillas e hoxe mesmo comecei a sangrar un pouco... que pode ser

13-09-2015

Antes de nada desculpas pola tardanza, non me foi posible responder antes.

Un dos efectos secundarios da píldora é que se poden producir cambios no ciclo menstrual. O sangrado que se ten no período de descanso pode desaparecer, retrasarse, adiantarse algo ou mesmo ter sangrado ó longo do mes. Isto ocorre, sobre todo, nos primeiros meses. Non tes por que preocuparte, o teu corpo estase a acostumando ós estróxenos. Se nos meses seguintes segues con sangrados irregulares e/ou che aparecen outros síntomas deberías acudir ó medico a facer unha revisión. De todos os xeitos, os primeiros meses é normal que se produzan desaxustes.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.