Canto tardan en caer os restos do hime?

11-04-2016

O hime é unha fina membrana moi flexible, con forma de corola, que separa a cavidade vaxinal da vulva. A obturación é parcial pois deixa pasar o fluxo menstrual. Trátase dunha parte da anatomía feminina cuxa función é a de previr que aparezan infeccións vaxinais ata que se produce a menstruación- a partires dese momento o noso corpo é capaz de crear unha flora vaxinal que se vai encargar desa función protectora. Polo que o hime a partires de entón perde a función que tiña.

Cando se produce a rotura do hime, e que pode ser durante a primeira relación sexual con penetración na maioría dos casos provoca un leve sangrado. O hime rompe en varios anacos que cicatrizan deseguido. Pode darse o caso de que no momento da rotura non sangrase, pero non hai que preocuparse porque non é nada doloroso, agora ben, todo depende da suavidade da parella e do espesor da membrana. A incomodidade ou as dores que se poden sentir a primeira vez débense máis ó nerviosismo, a inexperiencia e á fricción das mucosas por non estar o suficientemente lubricadas que á rotura.

O hime pode romper antes da primeira relación sexual. Xa que a pequena abertura que ten permite a introdución dun tampón reducido ou dun dedo sen que a membrana rompa. Con todo, ás veces rompe durante a infancia indo en bicicleta, montando dacabalo ou facendo ximnasia, pero este tipo de roturas adoita darse en moi poucas ocasións.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.