Dubida..

Hola Maria, fai uns meses tiven que abortar por asuntos persoais e ágora uns meses depois quero quedar embarazada, porque xa teño traballo e todo me vai ben, ahora en febrero tiña unha cita para ver como me foi depois do aborto e tal, eu de aquí a febrero xa teño pensado estar embarazada. Pódenme chamar a atención ou algo por quedar embarazada uns meses despois de abortar..? Porque teño medo a eso.. Grazas

08-11-2019

Antes de nada desculpas pola tardanza na resposta. O tempo de espera logo tras unha interrupción voluntaria do embarazo vai depender do tipo de intervención, se medicamentosa ou cirúrxica. En xeral, se non houbo complicacións e foi medicamentoso recoméndase polo menos un mes antes de tentar un novo embarazo. De todos os xeitos, é unha cuestión que se escapa ó noso coñecemento xa que non temos formación médica. Recomendámosche que lle plantexes esta cuestión o teu medico/a de cabeceira ou a un especialista. En canto á outra cuestión, sobre se che poden chamar a atención non te esquezas que es a dona do teu corpo e que ti decides facer con el e ninguén pode xulgar as túas decisións.