Píldora anticonceptiva dúbida

Tomo a píldora combinada todos os días como está indicado sempre pola noite entre as 22:00/00:30, despois da cea. Estou segura ante un embarazo no caso de ter un pequeno desliz cara o final do coito cando resbalou o preservativo?

07-08-2015

A eficacia da píldora está entre un 95-97% (dependendo das fontes consultadas) se esta se toma dun xeito correcto. É dicir, todos os días a mesma hora e se se producen vómitos ou diarrea nas horas seguintes volver a tomar outra pastilla.

Se ademais de tomar a píldora empregas o preservativo nas túas relacións sexuais a protección aumenta e non só ante un embarazo senón ante un posible contaxio dunha ITS. E no caso que comentas, o empregar os dous métodos estarías protexida e non terías risco de embarazo.

Esperamos que esta información resolvera as túas inquedanzas, senón non dubides en volver a poñerte en contacto connosco ou se tes algunha outra. Grazas.